Dende os Servizos de Informática e Comunicacións  da Universidade, estamos a xestionar a inclusión da  UDC no  Apple School Manager: https://support.apple.com/es-es/guide/deployment-reference-ios/ior0287df313/web.  
 Isto, ademais de ofrecer unha serie de avantaxes para os usuarios (200 GB en icloud). permitirá dotar de maior seguridade a os dispositivos de Apple dentro da UDC. Debido a que o obxetivo é federar o dominio @udc.es do noso Active Directory, é preciso que os usuarios que xa deran de alta a súa conta de @udc.es o cambien.
Por iso, estamos a lanzar esta campaña para que eses usuarios cambien o seu Appleid, e non perdan nada das súas contas.  Se precisas de máis información de como se realiza esta notificación preme nesta ligazón:  https://support.apple.com/es-es/guide/apple-school-manager/axme685676ac/web