Tipo | Título | Última Actualización |
---|
Este servizo permite engadir ou actualizar a fotografía universitaria: Tarxeta universitaria TUI, xestión académica, servizo de persoal, campus virtual e Microsoft 365
A fotografía só será visible internamente entre os usuarios e servizos da UDC.
- Estudantes de grao, máster universitario, doutoramento, estudos propios e Universidade Sénior.
- Persoal docente e investigador da UDC.
- Persoal de administración e servizos da UDC.
- Persoal da UDC contratado con cargo a fondos orzamentarios do Capítulo VI.
Condicións de uso
Este servizo permite realizar un cambio unificado da fotografía universitaria nos seguintes ámbitos: Tarxeta universitaria TUI, aplicación móbil UDC.gal, xestión académica, servizo de persoal, campus virtual e Microsoft 365.
A fotografía só se pode cambiar unha vez por curso académico (habilítase o cambio a partir do día 15 de setembro). Se precisa realizar un cambio antes da finalización do curso académico debe solicitalo aquí indicando o motivo do cambio.
Debe usar Chrome ou Edge para subir a fotografía, outros navegadores poderían provocar erros. A fotografía ten que estar en formato .jpg e a resolución de encadre mínima é de 500 x 600 píxeles.
Para cambiar a fotografía, o usuario debe aceptar a Declaración responsable da autenticidade da imaxe entregada e información en materia de protección de datos persoais en relación coa Fotografía Universitaria da UDC. A Universidade poderá eliminar as fotografías que non cumpran con esta declaración.
Non existen.
Pode revisar as Preguntas Frecuentes antes de poñer unha nova incidencia.
Incidencias
(As fotografías poden tardar uns días en propagarse a todos os servizos da UDC. No caso da aplicación móbil UDC.gal, debe pechar a sesión ou volver a iniciala para actualizar a fotografía. A fotografía só será visible internamente entre os usuarios e servizos da UDC.)
Non, a fotografía só se pode cambiar unha vez por curso académico (habilítase o cambio a partir do día 15 de setembro).
Se estás moi arrepentido/a da foto seleccionada e non podes esperar ao próximo curso académico, podes solicitar aquí que habilitemos un novo cambio de foto na aplicación.
As fotografías poden tardar uns días en propagarse a todos os servizos da UDC. No caso da aplicación móbil UDC.gal, debe pechar a sesión e volver a iniciala para actualizar a fotografía.
Non, a fotografía só será visible internamente entre os usuarios e servizos da UDC.
Non estás autorizado para engadir ou modificar a túa fotografía: A subida da fotografía estará habilitada 24 horas despois de formalizar a túa matrícula ou contrato (antes dese prazo, poderás obter o erro "Non Autorizado"). Se xa pasaron as 24 horas, contacta coa administración do teu centro (se estudas na UDC) ou coa unidade organizativa que che realizou o contrato (se es persoal da UDC) para que che revisen a matrícula ou o contrato.
Declaración responsable da autenticidade da imaxe entregada e información en materia de protección de datos persoais en relación coa fotografía universitaria da UDC.
Aplicacións
- Pode engadir ou actualizar a fotografía no seguinte enderezo: https://apps.udc.es/UDCFoto
- Ou na opción "o teu perfil" do portal de servizos:
https://servizos.udc.es/