- Estudantes de grao, máster universitario, doutoramento, estudos propios e Universidade Sénior.
- Persoal docente e investigador da UDC.
- Persoal de administración e servizos da UDC.
- Persoal da UDC contratado con cargo a fondos orzamentarios do Capítulo VI.
Condicións de uso Este servizo permite realizar un cambio unificado da fotografía universitaria nos seguintes ámbitos: Tarxeta universitaria TUI, aplicación móbil UDC.gal, xestión académica, servizo de persoal, campus virtual e Microsoft 365. A fotografía só se pode cambiar unha vez por curso académico (habilítase o cambio a partir do día 15 de setembro). Se precisa realizar un cambio antes da finalización do curso académico debe solicitalo aquí indicando o motivo do cambio. Debe usar Chrome ou Edge para subir a fotografía, outros navegadores poderían provocar erros. A fotografía ten que estar en formato .jpg e a resolución de encadre mínima é de 500 x 600 píxeles. Para cambiar a fotografía, o usuario debe aceptar a Declaración responsable da autenticidade da imaxe entregada e información en materia de protección de datos persoais en relación coa Fotografía Universitaria da UDC. A Universidade poderá eliminar as fotografías que non cumpran con esta declaración.
|