Tipo | Título | Última Actualización |
---|
A Tarxeta de Estudante Europeo (TSE) é unha nova norma creada polas Institucións de Educación Superior (IES) europeas para fomentar a mobilidade dos estudantes dentro de Europa (zona EEES). O obxectivo a longo prazo é dar a todos os estudantes europeos os mesmos dereitos que a un estudante local cando viaxan ao estranxeiro.
A idea é crear unha tarxeta que poida aceptarse en calquera lugar de Europa. Esta tarxeta dá acceso a un número ilimitado de servizos que os estudantes utilizan na súa vida diaria, como o préstamo de libros da biblioteca universitaria, o acceso á cafetería de estudantes con prezos reducidos, o acceso ás instalacións universitarias, o uso do transporte público, etc.
A emisión da tarxeta europea de estuante (ESC) é automática ao obter a tarxeta universitaria da UDC (TUI), e poderás acceder a ela a través da App da UDC xa que é unha tarxeta virtual.
En caso de extinción ou suspensión da vinculación entre o usuario/a da tarxeta e a UDC, pérdese o dereito ao seu uso.
Todos os alumnos da UDC.
Procedementos de emisión da tarxeta universitaria (TUI)
O procedemento é automático. Únicamente deberás aceptar as condicións legais para a súa emisión. E todo o poderás facer a través da App da nosa App.
Qué non inclúe este servizo
- A emisión da tarxeta universitraria da UDC (TUI).
- A emisión da tarxeta bibliotecaria para usuarios externos non pertencentes á comunidade universitaria.
- A emisión de tarxetas de acceso a actividades deportivas, recintos ou aparcadoiros para usuarios non pertencentes á comunidade universidade.
Aplicación móbil da UDC: UDC.gal