A Tarxeta de Estudante Europeo (TSE) é unha nova norma creada polas Institucións de Educación Superior (IES) europeas para fomentar a mobilidade dos estudantes dentro de Europa (zona EEES). O obxectivo a longo prazo é dar a todos os estudantes europeos os mesmos dereitos que a un estudante local cando viaxan ao estranxeiro.
A idea é crear unha tarxeta que poida aceptarse en calquera lugar de Europa. Esta tarxeta dá acceso a un número ilimitado de servizos que os estudantes utilizan na súa vida diaria, como o préstamo de libros da biblioteca universitaria, o acceso á cafetería de estudantes con prezos reducidos, o acceso ás instalacións universitarias, o uso do transporte público, etc. A emisión da tarxeta europea de estuante (ESC) é automática ao obter a tarxeta universitaria da UDC (TUI), e poderás acceder a ela a través da App da UDC xa que é unha tarxeta virtual. En caso de extinción ou suspensión da vinculación entre o usuario/a da tarxeta e a UDC, pérdese o dereito ao seu uso.
Todos os alumnos da UDC. Procedementos de emisión da tarxeta universitaria (TUI)O procedemento é automático. Únicamente deberás aceptar as condicións legais para a súa emisión. E todo o poderás facer a través da App da nosa App. Qué non inclúe este servizo |
Aplicación móbil da UDC: UDC.gal |

|