QUÉ É O DOMINIO DA CONTA DA UDC?O dominio da conta da UDC é a parte do enderezo da conta que sigue ao símbolo ‘@’. Na UDC existen varios e se asignan dependendo do colectivo ao que pertence o usuario:
- udc.es: alumnado e persoal propio da UDC - fuac.udc.es: persoal da FUAC - col.udc.es: persoal colaborador e externo da UDC
Todos os dominios rematados en .es teñén como alias o mesmo dominio rematado en .gal (isto quere dicir que a conta pepe@udc.es ten asemesmo o alias pepe@udc.gal e se alguén envía un mail a pepe@udc.gal, este mail aparecerá no buzón de pepe@udc.es) A QUÉ AFECTA O CAMBIO DE DOMINIO DA CONTA DA UDC?
Pode darse o caso en que unha persoa pertenza a máis dun colectivo e nese caso podería elixir cal será o dominio principal da súa conta, é dicir, cal será o dominio que usará para identificarse na UDC e para enviar correos electrónicos (esa será a conta de correo que lle aparecerá ao receptor do mail enviado).
Cando unha persoa decida cambiar o seu dominio (sempre e cando teña permiso para facelo por pertencer a un colectivo do novo dominio elixido), o antigo dominio convertirase automáticamente en alias para poder seguir recibindo correos no antigo enderezo.
|