IMPORTANTE: se non pode completar o acceso con dobre factor de seguridade (MFA) debido a cambio/perda do terminal móbil, deber realizar unha petición por email a cau.sic@udc.es na que inclúa:

  • Unha solicitude de autorización escrita e asinada manualmente onde figure o seu nome, apelidos e número de DNI ou pasaporte
  • Copia por ambos lados do DNI ou pasaporte.
  • Debe indicar "Reset MFA" no asunto do email.

Unha vez recibida a súa solicitude procederase a realizar o restablecemento do dobre factor de seguridade e poderá indicar un dispositivo novo.



Seguindo o plan de reforzo da ciberseguridade na Universidade da Coruña, dende o pasado 2 de marzo, aplícase o sistema de autenticación multifactor á práctica totalidade das aplicacións informáticas. Isto supón que cando o usuario vai iniciar a sesión no sistema corporativo da UDC, despois de insertar o seu login e a súa contrasinal estática (esto é a que o propio usuario establece e pode cambiar), o sistema solicitaralle un código numérico dun so uso ao que so o usuario ten acceso. O usuario poderá entonces inxerir este código numérico privado correspondente, xerado dinámicamente mediante un aplicativo OTP como é o Microsoft Authenticator (recomendado), Google Authenticator, o FReeOTP, ou calquera outro aplicativo OTP (os indicados son todos gratuitos), autorizando mediante unha chamada de voz ou con código sms o seu teléfono móbil. Unha vez inxerido o código ou autorizado, o usuario poderá acceder ao sistema e traballará de forma normal a como viña facendo.

Aquí abaixo móstranse todos os recursos e artículos relacionados sobre a Autenticación Multifactor MFA na UDC.