A continuación informámosche dunha serie de recomendacións de interese que debes atender para asegurar a túa conta de usuario de servizos da UDC
Configura unha conta de correo alternativa para recibir instrucións por parte da UDC no caso de que, por calquera incidencia, non poidas acceder á conta corporativa. Para facer isto, debes ir a https://servizos.udc.es . No apartado “O teu perfil” debes cubrir o “Correo electrónico de recuperación”:
Recorda que non se debe utilizar o mesmo contrasinal para distintos servizos.
O contrasinal debe curmprir estes requisitos:
A súa lonxitude mínima será de 10 caracteres.
Deberá conter caracteres de, ao menos, tres dos seguintes tipos: números, maiúscula, minúsculas e caracteres non alfabéticos.
Non poderá incluír o identificador de usuario, o seu DNI, número de teléfono ou calquera outro dato que sexa facilmente relacionable coa persoa usuaria.
Non deberá coincidir cos derradeiros 5 contrasinais.
O contrasinal deberá renovarse, ao menos, cada ano.
O tempo mínimo entre cambios de contrasinal será de 24 horas.
Asegúrate de que as aplicacións que che piden o contrasinal son da UDC e non un sitio falso. Se che piden o contrasinal por teléfono, desconfía. Desde os servicios da UDC nunca se solicitará esta información en ningunha comunicación.
Non fagas clic en enlaces de correos ou adxuntos de destinatarios descoñecidos ou que presenten características que che fagan sospeitar (linguaxe incorrecta, solicitar accións urxentes, ...).
Recomendámosche que vexas este video (4 minutos de duración) cun resume destes e outros consellos importantes.