DESCRICIÓN DO SERVIZO

Que é a Tarxeta Europea de Estudante (European Student Card - ESC)?

A Tarxeta de Estudante Europeo (TSE) é unha nova norma creada polas Institucións de Educación Superior (IES) europeas para fomentar a mobilidade dos estudantes dentro de Europa (zona EEES). O obxectivo a longo prazo é dar a todos os estudantes europeos os mesmos dereitos que a un estudante local cando viaxan ao estranxeiro.

A idea é crear unha tarxeta que poida aceptarse en calquera lugar de Europa. Esta tarxeta dá acceso a un número ilimitado de servizos que os estudantes utilizan na súa vida diaria, como o préstamo de libros da biblioteca universitaria, o acceso á cafetería de estudantes con prezos reducidos, o acceso ás instalacións universitarias, o uso do transporte público, etc.

A emisión da tarxeta europea de estuante (ESC) é automática ao obter a tarxeta universitaria da UDC (TUI), e poderás acceder a ela a través da App da UDC xa que é unha tarxeta virtual.

En caso de extinción ou suspensión da vinculación entre o usuario/a da tarxeta e a UDC, pérdese o dereito ao seu uso.

QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO

PROCEDEMENTO DE EMISIÓN DA TARXETA UNIVERSITARIA (TUI)

O procedemento é automático. Únicamente deberás aceptar as condicións legais para a súa emisión. E todo o poderás facer a través da App da nosa App.


QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO

Todos os alumnos da UDC


ÁMBITO DE USO

Institucións europeas recoñecidas.

Dispor de un móbil Android ou IOS

Aplicación móbil da UDC: UDC.gal

CONDICIÓNS DE USO

A persoa titular é responsable dos actos administrativos que fosen validados e autenticados coa tarxeta que o identifica. Se es estudante, para ter dereito a ela é necesario estar matriculado na UDC e pagar a cota anual correspondente.  

En caso de extinción ou suspensión da vinculación entre o usuario/a da tarxeta e a UDC, pérdese o dereito ao seu uso.


A ESC é unha tarxeta virtual á qiue pode accederse a travé da App da UDC.


Contidos técnicos SIC ou arquivos adxuntos
https://router.europeanstudentcard.eu/assets/user-guide/ESC%20User%20Guide-EDSSI20210510.pdf



Contidos técnicos FAQS SIC ou arquivos adxuntos







Data actualización : xx/xx/xxxx

Servizo : (nome do servizo)

Grupo : Software e aplicacións

Clase : SERVIZOS ENTREGADOS, SERVIZOS DE ACCESO, APLICACIÓNS

Documentador : nombre do documentador