Tipo | Título | Última Actualización |
---|
Eduroam é unha rede sen fíos (wifi) que proporciona conectividade a Internet tanto á comunidade universitaria como aos visitantes doutras institucións.
Este servizo está dispoñible en todos os edificios da Universidade.
Adicionalmente, a rede wifi eduroam está disponible tamén noutras universidades e centros de investigación (consultar "Máis información de eduroam").
A rede sen fíos supón unha infraestrutura adicional á rede por cable e non pretende ser nunca un substituto da devandita rede por cable. Ademais as prestacións, estabilidade e rendemento non son comparables á rede por cable, polo que non se recomenda o seu uso nos postos de traballo permanentes.
Introdución
eduroam (educational roaming) é un servizo a nivel mundial para a mobilidade dos usuarios que pertencen a institucións académicas ou de investigación. Permite que tanto estudantes, investigadores, profesores e resto de persoal das citadas institucións teñan conectividade a Internet nas súas propias instalacións como no resto de institucións participantes. O resultado é que o usuario poderá conectarse a eduroam, e en consecuencia a Internet, desde calquera institución adherida, empregando as mesmas credenciais de acceso.
Ligazóns:
- Eduroam ES http://www.eduroam.es
- Eduroam ORG http://www.eduroam.org
- CAT eduroam (Configuration Assitant Tool) https://cat.eduroam.org
- Foros eduroam ES http://foros.eduroam.es
Usuarios de UDC que van a outra institución
Calquera usuario da UDC que se vaia trasladar a outra institución pertencente a eduroam, poderá conectarse a súa rede sen fíos. Debe ter configurado o SSID eduroam. Ver sección de Configuración.
Para acceder á rede eduroam é necesario autenticarse co nome de usuario e contrasinal do xestor de identidade corporativo, seguido de @udc.es.
Hai que ter en conta o seguinte: se non se conecta con eduroam na UDC, tampouco o fará noutra outra institución.
Recomendámoslle consultar, na web da outra institución, a información referente a eduroam. Consulte tamén as páxinas da iniciativa nacional e internacional de eduroam.
Usuarios doutras institucións que veñen á UDC
A Universidade da Coruña pertence á iniciativa eduroam e, por tanto, habilítalles o acceso a súa rede sen fíos aos usuarios de calquera organización adherida á iniciativa de eduroam, de acordo coa súa política de itinerancia e coas normas de uso da rede sen fíos da Universidade da Coruña.
- O usuario visitante debe empregar o SSID eduroam
- A rede sen fíos da UDC emprega os seguintes protocolos de autenticación e de encriptación: 802.1X, EAP-TTLS, WPA2-AES
Antes de vir á UDC e de empregar a rede sen fíos, recomendámoslle comprobar se a súa organización pertence á iniciativa eduroam e ter configurado o servizo no seu dispositivo.
Toda a comunidade universitaria.
Condicións de uso
- A rede WiFi deberá utilizarse de xeito responsable, ético, eficiente e de acordo coa lexislación vixente, evitando calquera tipo de prexuízo a outros usuarios ou á organización.
- A UDC implantará mecanismos de filtrado de tráfico na súa rede co fin de cursar exclusivamente o tráfico que sexa necesario para proporcionar os servizos requiridos e minimizar as posibilidades dun incidente de seguridade.
- No uso do acceso a internet deberán respectarse as políticas de uso aceptable das institucións que proporcionan este servizo á UDC:
- Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA): https://www.cesga.es/comunidad/solicitud-de-servicios/politica-de-uso-aceptable-de-recetga/
- Rede académica e de investigación española (RedIRIS): http://www.rediris.es/rediris/instituciones/politica_de_uso.pdf
- A UDC levará a cabo, de xeito automatizado, a monitorización e inspección do tráfico que transcorra pola súa rede da rede, co fin de vixiar o cumprimento da súa normativa. Esta inspección poderá complementarse con outra manual naqueles casos que requiran unha análise máis detallada. En todos eles, estas actividades de supervisión levaranse a cabo nos termos especificados no artigo 10 do Regulamento xeral de uso das TIC na UDC.
Usos non permitidos
- O desenvolvemento de actividades que puidesen producir:
- A degradación do servizo.
- A destrución, manipulación ou acceso non autorizado á información que circula pola rede.
- A violación da privacidade ou da intimidade doutros usuarios/as.
- A deterioración do traballo doutros usuarios.
- A infección por sóftware malicioso dos sistemas informáticos conectados á rede.
- Fins comerciais alleos á UDC.
- Calquera transmisión de información contraria á lexislación vixente en materia de propiedade intelectual e de protección de datos persoais.
- A execución de probas destinadas a detectar, comprobar ou explotar vulnerabilidades de sistemas alleos, sen autorización do seu administrador.
- O acceso non autorizado a sistemas informáticos alleos.
- A conexión de calquera dispositivo que proporcione acceso remoto á rede da UDC, distinto do corporativo.
- A conexión de equipos de rede activos (hubs, switches, encamiñadores, módems, devasas, puntos de acceso WiFi etc.).
- O uso de mecanismos que puidesen afectar á estrutura lóxica da rede.
- A utilización de equipos que operen nas bandas de frecuencia utilizadas pola rede WiFi corporativa e a utilización de inhibidores de frecuencia dentro dos edificios e espazos da UDC, sen autorización do SIC.
Normativa de referencia
Estas condicións de uso figuran na Norma sobre o uso da rede de comunicacións e o acceso a internet, aprobada por resolución reitoral.
É preciso solicitar autorización para facer uso dos seguintes servizos
- COMUNIDADE UNIVERSITARIA: Non é preciso solicitude para a conexión a eduroam e udcportal.
- CONTAS DE INVITADO: calquer PAS ou PDI da Universidade pode crear contas para persoal alleo que permite a conexión ás redes wifi eduroam e udcportal. A solicitude realizase no portal de servizos http://servizos.udc.es -> solicitude de conta wifi de invitado
- REDES WIFI ESPECIAIS:
- udceventos: calquer PAS ou PDI da Universidade, organizador dun evento ou responsable dun edificio, pode solicitar a activación desta rede wifi para os días nos que teña lugar o evento.
- udcdocencia: calquer PDI da Universidade pode realizar unha solicitude motivada na necesidade desta rede para a docencia.
- udcIoT: calquer PAS ou PDI poden solicitar a conexión dun dispositivo a esta rede wifi.
Instalación e configuración de Eduroam
Para conectarse a eduroam é necesario realizar unha configuración previa nos dispositivos (ordenadores, smartphones, etc).
eduroam proporciona ferramentas de configuración automática, disponibles nas seguintes ligazóns segundo o tipo de dispositivo:
- Windows, macos, iOS, Linux, Chrome OS: Ir a https://cat.eduroam.org
- Android 8 ou superior. Instalar a app getEduroam (SURF Cooperative) desde a tenda de aplicacións no dispositivo.
- Android (resto de versións). Instalar a app catEduroam (GEANT Association) desde a tenda de aplicacións no dispositivo
No momento da configuración requírese conexión a internet. Pode empregar udcportal para realizar esta configuración inicial de eduroam no dispositivo.
É importante revisar que o contrasinal esté actualizado.
Incidencias
(Antes de crear esta incidencia lembra que a rede eduroam debe configurarse como se indica en "Requisitos técnicos". O teu usuario da UDC nesta rede wifi (SSID) debe ir seguido de @udc.es)
Solicitudes
(Só exclusivamente para congresos/seminarios ou eventos. Para calquera outra solicitude de conta de invitado podes facelo no teu portal de servizos http://servizos.udc.es -> solicitude de conta wifi de invitado)
É necesario aplicar o novo contrasinal en todos os dispositivos que estivesen previamente configurados en eduroam.
A maoría dos dispositivos amosan unha mensaxe emerxente solicitando o novo contrasinal. No caso de que isto non ocorra, é necesario configurar de novo eduroam. Recoméndase borrar a configuración previa de eduroam, no apartado de configuración wifi do dispositivo:
- En Windows, no menú de selección de redes wifi, marcar eduroam e co botón dereito pinchar en "Dejar de recordar"
- En iOS e macos, desinstalar o perfil de configuración, desde Axustes.
- En Android, seleccionar eduroam e marcar en "Olvidar".
Á rede sen fíos que a Universidade recomenda é eduroam:
- Conta cos protocolos de seguridade máis elevados.
- A configuración realízase unha única vez e non é necesario introducir as credenciais cada vez que me conecto.
- Permite conectarse noutras universidades.
- A velocidade de conexión de udcportal está limitada
Só se recomenda empregar udcportal nos seguintes casos:
- Para a configuración de eduroam cando o dispositivo non dispón doutra conexión.
- Se o dispositivo se vai conectar unha única vez.
- No caso de non dispor de conta en eduroam: antigos membros da comunidade universitaria
En determinados dispositivos, especialmente Windows, se o contrasinal da conta contén algún caracter ASCII da versión extendida como pode ser "ñ", "¿" ou "ñ", prodúcese un erro na autenticación. A solución consiste en modificar o contrasinal evitando este tipo de caracteres ASCII da versión extendida.
Pode consultar na seguinte ligazón a tabla ASCII extendida: https://www.ionos.es/digitalguide/servidores/know-how/tabla-ascii/
Configuración manual de eduroam
En casos puntuais, pode ser necesario configurar o dispositivo para a conexión a rede wifi eduroam de forma manual.
No caso de ser necesario a configuración manual, os parámetros de configuración son os seguintes:
- Autenticación de rede: EAP-TTLS con PAP
- Require identidade externa: anonymous@udc.es
- Servidor autenticación: radius.udc.es
- Certificado CA raíz USERTrust RSA Certification Authority e GEANT OV RSA CA 4: formato pem (Válido desde o 2 de Decembro de 2021)
IMPORTANTE: é necesario instalar o certificado da Autoridade de Certificación (CA) no dispositivo, xunto co nome do servidor de autenticación. En caso contrario o contrasinal pode verse comprometido!!!
Guías de configuración para Eduroam:
- para Windows, Apple macOs, Apple iOS e Linux: catEduroam
- para Android 8 e superior: getEduroam
- para Android, resto de versións: catEduroam
Cambio de contrasinal
Se modificou o contrasinal da conta de servizos da UDC, é necesario facer este cambio nos dispositivos nos que tiña configurado eduroam.
A maoría dos dispositivos mostran unha mensaxe emerxente solicitando o novo contrasinal. No caso de que esto non ocorra, é necesario configurar de novo eduroam. Recoméndase previamente, "olvidar" a configuración de eduroam, no apartado de configuración wifi do dispositivo.
Dependendo do SSID ao que se conecte estarán dispoñibles diferentes servizos.
Servicios ou aplicacións permitidos en eduroam (excepto para o PDI/PAS)
- Navegación web:
- FTP
- HTTP,HTTPS,HTTP-EXT
- Correo electrónico (con isto pode usar o seu cliente de correo electrónico, igual que coa conexión con fíos):
- SMTP (só a UDC), SSMTP, SMTP-StartTLS
- IMAP, IMAPS, IMAP2
- POP3, POP3S
- Control remoto:
- VNC
- RDP (Escritorio remoto Windows)
- SSH
- Mensaxería instantánea e VoIP:
- H.323
- Sip
- MSN Messenger
- Yahoo Messenger
- Jabber
- IRC
- Control de versións:
- CVS
- Subversion
- Git
- Outros:
- Ping
- DNS
- NTP
- NNTP
- OpenVPN, IPSEC, PPTP
- SciFinder
- Licenzamento Cype
- Licenzamento SPSS (só a UDC)
- Rsync
- Arduino Cloud
- RPDL Data Stream (tcp/9100) (só a UDC)
Servicios aos usuarios de udcportal
- Navegación web:
- FTP
- HTTP,HTTPS,HTTP-EXT
- Correo electrónico (con isto pode usar o seu cliente de correo electrónico, igual que coa conexión con fíos):
- SMTP (só a UDC), SSMTP, SMTP-StartTLS
- IMAP, IMAPS, IMAP2
- POP3, POP3S
- Navegación web: