Versiones comparadas

Clave

  • Se ha añadido esta línea.
  • Se ha eliminado esta línea.
  • El formato se ha cambiado.
Procura
placeholderFai a túa consulta e selecciona unha das respostas





Horizontal Navigation Bar
Horizontal Navigation Bar Page
titleDescrición

Eduroam é unha rede sen fíos (wifi) que proporciona conectividade a Internet tanto á comunidade universitaria como aos visitantes doutras institucións.

Este servizo está dispoñible en todos os edificios da Universidade.

Adicionalmente, a rede wifi eduroam está disponible tamén noutras universidades e centros de investigación (consultar "Máis información de eduroam").

A rede sen fíos supón unha infraestrutura adicional á rede por cable e non pretende ser nunca un substituto da devandita rede por cable.  Ademais as prestacións, estabilidade e rendemento non son comparables á rede por cable, polo que non se recomenda o seu uso nos postos de traballo permanentes.


Introdución

eduroam (educational roaming) é un servizo a nivel mundial para a mobilidade dos usuarios que pertencen a institucións académicas ou de investigación. Permite que tanto estudantes, investigadores, profesores e resto de persoal das citadas institucións teñan conectividade a Internet nas súas propias instalacións como no resto de institucións participantes. O resultado é que o usuario poderá conectarse a eduroam, e en consecuencia a Internet, desde calquera institución adherida, empregando as mesmas credenciais de acceso.

Ligazóns:


Usuarios de UDC que van a outra institución

Calquera usuario da UDC que se vaia trasladar a outra institución pertencente a eduroam, poderá conectarse a súa rede sen fíos. Debe ter configurado o SSID eduroam. Ver sección de Configuración.

Para acceder á rede eduroam é necesario autenticarse co nome de usuario e contrasinal do xestor de identidade corporativo, seguido de @udc.es.

Hai que ter en conta o seguinte: se non se conecta con eduroam na UDC, tampouco o fará noutra outra institución.

Recomendámoslle consultar, na web da outra institución, a información referente a eduroam. Consulte tamén as páxinas da iniciativa nacional e internacional de eduroam.


Usuarios doutras institucións que veñen á UDC

A Universidade da Coruña pertence á iniciativa eduroam e, por tanto, habilítalles o acceso a súa rede sen fíos aos usuarios de calquera organización adherida á iniciativa de eduroam, de acordo coa súa política de itinerancia e coas normas de uso da rede sen fíos da Universidade da Coruña.

  • O usuario visitante debe empregar o SSID eduroam
  • A rede sen fíos da UDC emprega os seguintes protocolos de autenticación e de encriptación: 802.1X, EAP-TTLS, WPA2-AES

Antes de vir á UDC e de empregar a rede sen fíos, recomendámoslle comprobar se a súa organización pertence á iniciativa eduroam e ter configurado o servizo no seu dispositivo.


Expandir
titleQuen pode facer uso de este servizo

Toda a comunidade universitaria.

Condicións de uso

  1. A rede WiFi deberá utilizarse de xeito responsable, ético, eficiente e de acordo coa lexislación vixente, evitando calquera tipo de prexuízo a outros usuarios ou á organización.
  2. A UDC implantará mecanismos de filtrado de tráfico na súa rede co fin de cursar exclusivamente o tráfico que sexa necesario para proporcionar os servizos requiridos e minimizar as posibilidades dun incidente de seguridade.
  3. No uso do acceso a internet deberán respectarse as políticas de uso aceptable das institucións que proporcionan este servizo á UDC:
    1. Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA): https://www.cesga.es/comunidad/solicitud-de-servicios/politica-de-uso-aceptable-de-recetga/
    2. Rede académica e de investigación española (RedIRIS): http://www.rediris.es/rediris/instituciones/politica_de_uso.pdf
  4. A UDC levará a cabo, de xeito automatizado, a monitorización e inspección do tráfico que transcorra pola súa rede da rede, co fin de vixiar o cumprimento da súa normativa. Esta inspección poderá complementarse con outra manual naqueles casos que requiran unha análise máis detallada. En todos eles, estas actividades de supervisión levaranse a cabo nos termos especificados no artigo 10 do Regulamento xeral de uso das TIC na UDC.

Usos non permitidos

  1. O desenvolvemento de actividades que puidesen producir:
    1. A degradación do servizo.
    2. A destrución, manipulación ou acceso non autorizado á información que circula pola rede.
    3. A violación da privacidade ou da intimidade doutros usuarios/as.
    4. A deterioración do traballo doutros usuarios.
    5. A infección por sóftware malicioso dos sistemas informáticos conectados á rede.
  2. Fins comerciais alleos á UDC.
  3. Calquera transmisión de información contraria á lexislación vixente en materia de propiedade intelectual e de protección de datos persoais.
  4. A execución de probas destinadas a detectar, comprobar ou explotar vulnerabilidades de sistemas alleos, sen autorización do seu administrador.
  5. O acceso non autorizado a sistemas informáticos alleos.
  6. A conexión de calquera dispositivo que proporcione acceso remoto á rede da UDC, distinto do corporativo.
  7. A conexión de equipos de rede activos (hubs, switches, encamiñadores, módems, devasas, puntos de acceso WiFi etc.).
  8. O uso de mecanismos que puidesen afectar á estrutura lóxica da rede.
  9. A utilización de equipos que operen nas bandas de frecuencia utilizadas pola rede WiFi corporativa e a utilización de inhibidores de frecuencia dentro dos edificios e espazos da UDC, sen autorización do SIC.

Normativa de referencia

Estas condicións de uso figuran na Norma sobre o uso da rede de comunicacións e o acceso a internet, aprobada por resolución reitoral.

É preciso solicitar autorización para facer uso dos seguintes servizos

  • COMUNIDADE UNIVERSITARIA: Non é preciso solicitude para a conexión a eduroam e udcportal.
  • CONTAS DE INVITADO: calquer PAS ou PDI da Universidade pode crear contas para persoal alleo que permite a conexión ás redes wifi eduroam e udcportal. A solicitude realizase no portal de servizos  http://servizos.udc.es -> solicitude de conta wifi de invitado
  • REDES WIFI ESPECIAIS:
    • udceventos: calquer PAS ou PDI da Universidade, organizador dun evento ou responsable dun edificio, pode solicitar a activación desta rede wifi para os días nos que teña lugar o evento.
    • udcdocencia: calquer PDI da Universidade pode realizar unha solicitude motivada na necesidade desta rede para a docencia.
    • udcIoT: calquer PAS ou PDI poden solicitar a conexión dun dispositivo a esta rede wifi.


Expandir
titleRequisitos e configuración

Instalación e configuración de Eduroam

Para conectarse a eduroam é necesario realizar unha configuración previa nos dispositivos (ordenadores, smartphones, etc).

eduroam proporciona ferramentas de configuración automática, disponibles nas seguintes ligazóns segundo o tipo de dispositivo:

  • Windows, macos, iOS, Linux, Chrome OS: Ir a https://cat.eduroam.org
  • Android 8 ou superior. Instalar a app getEduroam (SURF Cooperative) desde a tenda de aplicacións no dispositivo.
  • Android (resto de versións). Instalar a app catEduroam (GEANT Association) desde a tenda de aplicacións no dispositivo

No momento da configuración requírese conexión a internet. Pode empregar udcportal para realizar esta configuración inicial de eduroam no dispositivo.



Horizontal Navigation Bar Page
titleIncidencias y e solicitudes
UI Text Box
iconinfo

É importante revisar que o contrasinal esté actualizado.

Unordered List (ul)
dirltr
langUTF8
titleServizos asociados

Incidencias

(advertencia) (Antes de crear esta incidencia lembra que a rede eduroam debe configurarse como se indica en "Requisitos técnicos". O teu usuario da UDC nesta rede wifi (SSID) debe ir seguido de @udc.es)


 Solicitudes

(advertencia) (Só exclusivamente para congresos/seminarios ou eventos. Para calquera outra solicitude de conta de invitado podes facelo no teu portal de servizos  http://servizos.udc.es -> solicitude de conta wifi de invitado)



Horizontal Navigation Bar Page
titlePreguntas frecuentes
Expandir
titleConfiguración manual de eduroam

Configuración manual de eduroam

En casos puntuais, pode ser necesario configurar o dispositivo para a conexión a rede wifi eduroam de forma manual.

No caso de ser necesario a configuración manual, os parámetros de configuración son os seguintes:

  • Autenticación de rede: EAP-TTLS con PAP
  • Require identidade externa: anonymous@udc.es
  • Servidor autenticación: radius.udc.es
  • Certificado CA raíz USERTrust RSA Certification Authority e GEANT OV RSA CA 4: formato pem (Válido desde o 2 de Decembro de 2021)

IMPORTANTE: é necesario instalar o certificado da Autoridade de Certificación (CA) no dispositivo, xunto co nome do servidor de autenticación. En caso contrario o contrasinal pode verse comprometido!!!


Expandir
titleGuías de configuración e cambio de contrasinal

Guías de configuración para Eduroam:

Cambio de contrasinal

Se modificou o contrasinal da conta de servizos da UDC, é necesario facer este cambio nos dispositivos nos que tiña configurado eduroam.

A maoría dos dispositivos mostran unha mensaxe emerxente solicitando o novo contrasinal. No caso de que esto non ocorra, é necesario configurar de novo eduroam. Recoméndase previamente, "olvidar" a configuración de eduroam, no apartado de configuración wifi do dispositivo.


Expandir
titleServizos ofrecidos
  • Dependendo do SSID ao que se conecte estarán dispoñibles diferentes servizos.

    Servicios ou aplicacións permitidos en eduroam (excepto para o PDI/PAS)
    • Navegación web:
      • FTP
      • HTTP,HTTPS,HTTP-EXT
    • Correo electrónico (con isto pode usar o seu cliente de correo electrónico, igual que coa conexión con fíos):
      • SMTP (só a UDC), SSMTP, SMTP-StartTLS
      • IMAP, IMAPS, IMAP2
      • POP3, POP3S
    • Control remoto:
      • VNC
      • RDP (Escritorio remoto Windows)
      • SSH 
    • Mensaxería instantánea e VoIP:
      • H.323
      • Sip
      • MSN Messenger
      • Yahoo Messenger
      • Jabber
      • IRC
    • Control de versións:
      • CVS
      • Subversion
      • Git
    • Outros:
      • Ping
      • DNS
      • NTP
      • NNTP
      • OpenVPN, IPSEC, PPTP
      • SciFinder
      • Licenzamento Cype
      • Licenzamento SPSS (só a UDC)
      • Rsync
      • Arduino Cloud
      • RPDL Data Stream (tcp/9100) (só a UDC)
    Servicios aos usuarios de udcportal
    • Navegación web:
      • FTP
      • HTTP,HTTPS,HTTP-EXT
    • Correo electrónico (con isto pode usar o seu cliente de correo electrónico, igual que coa conexión con fíos):
      • SMTP (só a UDC), SSMTP, SMTP-StartTLS
      • IMAP, IMAPS, IMAP2
      • POP3, POP3S


Expandir
titlePor qué empregar eduroam e non udcportal?
  • Á rede sen fíos que a Universidade recomenda é eduroam:
    • Conta cos protocolos de seguridade máis elevados.
    • A configuración realízase unha única vez e non é necesario introducir as credenciais cada vez que me conecto.
    • Permite conectarse noutras universidades.
    • A velocidade de conexión de udcportal está limitada
  • Só se recomenda empregar udcportal nos seguintes casos:
      • Para a configuración de eduroam cando o dispositivo non dispón doutra conexión.
      • Se o dispositivo se vai conectar unha única vez.
      • No caso de non dispor de conta en eduroam: antigos membros da comunidade universitaria


Expandir
titleTras configurar eduroam seguindo as recomendacións e asegurarme que o contrasinal é correcto, o dispositivo non conecta. Que podo chequear?

En determinados dispositivos, especialmente Windows, se o contrasinal da conta contén algún caracter ASCII da versión extendida como pode ser "ñ", "¿" ou "ñ", prodúcese un erro na autenticación. A solución consiste en modificar o contrasinal evitando este tipo de caracteres ASCII da versión extendida.

Pode consultar na seguinte ligazón a tabla ASCII extendida: https://www.ionos.es/digitalguide/servidores/know-how/tabla-ascii/



Horizontal Navigation Bar Page
titleMáis

Máis sobre a rede eduroam


Macro de diseño de contenido

Macro de diseño de contenido