Eduroam é unha rede sen fíos (wifi) que proporciona conectividade a Internet tanto á comunidade universitaria como aos visitantes doutras institucións. Este servizo está dispoñible en todos os edificios da Universidade. Adicionalmente, a rede wifi eduroam está disponible tamén noutras universidades e centros de investigación (consultar "Máis información de eduroam"). A rede sen fíos supón unha infraestrutura adicional á rede por cable e non pretende ser nunca un substituto da devandita rede por cable. Ademais as prestacións, estabilidade e rendemento non son comparables á rede por cable, polo que non se recomenda o seu uso nos postos de traballo permanentes.
Introducióneduroam (educational roaming) é un servizo a nivel mundial para a mobilidade dos usuarios que pertencen a institucións académicas ou de investigación. Permite que tanto estudantes, investigadores, profesores e resto de persoal das citadas institucións teñan conectividade a Internet nas súas propias instalacións como no resto de institucións participantes. O resultado é que o usuario poderá conectarse a eduroam, e en consecuencia a Internet, desde calquera institución adherida, empregando as mesmas credenciais de acceso. Ligazóns:
Usuarios de UDC que van a outra instituciónCalquera usuario da UDC que se vaia trasladar a outra institución pertencente a eduroam, poderá conectarse a súa rede sen fíos. Debe ter configurado o SSID eduroam. Ver sección de Configuración. Para acceder á rede eduroam é necesario autenticarse co nome de usuario e contrasinal do xestor de identidade corporativo, seguido de @udc.es. Hai que ter en conta o seguinte: se non se conecta con eduroam na UDC, tampouco o fará noutra outra institución. Recomendámoslle consultar, na web da outra institución, a información referente a eduroam. Consulte tamén as páxinas da iniciativa nacional e internacional de eduroam.
Usuarios doutras institucións que veñen á UDCA Universidade da Coruña pertence á iniciativa eduroam e, por tanto, habilítalles o acceso a súa rede sen fíos aos usuarios de calquera organización adherida á iniciativa de eduroam, de acordo coa súa política de itinerancia e coas normas de uso da rede sen fíos da Universidade da Coruña. - O usuario visitante debe empregar o SSID eduroam
- A rede sen fíos da UDC emprega os seguintes protocolos de autenticación e de encriptación: 802.1X, EAP-TTLS, WPA2-AES
Antes de vir á UDC e de empregar a rede sen fíos, recomendámoslle comprobar se a súa organización pertence á iniciativa eduroam e ter configurado o servizo no seu dispositivo.
Toda a comunidade universitaria. Condicións de uso- A rede WiFi deberá utilizarse de xeito responsable, ético, eficiente e de acordo coa lexislación vixente, evitando calquera tipo de prexuízo a outros usuarios ou á organización.
- A UDC implantará mecanismos de filtrado de tráfico na súa rede co fin de cursar exclusivamente o tráfico que sexa necesario para proporcionar os servizos requiridos e minimizar as posibilidades dun incidente de seguridade.
- No uso do acceso a internet deberán respectarse as políticas de uso aceptable das institucións que proporcionan este servizo á UDC:
- Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA): https://www.cesga.es/comunidad/solicitud-de-servicios/politica-de-uso-aceptable-de-recetga/
- Rede académica e de investigación española (RedIRIS): http://www.rediris.es/rediris/instituciones/politica_de_uso.pdf
- A UDC levará a cabo, de xeito automatizado, a monitorización e inspección do tráfico que transcorra pola súa rede da rede, co fin de vixiar o cumprimento da súa normativa. Esta inspección poderá complementarse con outra manual naqueles casos que requiran unha análise máis detallada. En todos eles, estas actividades de supervisión levaranse a cabo nos termos especificados no artigo 10 do Regulamento xeral de uso das TIC na UDC.
Usos non permitidos- O desenvolvemento de actividades que puidesen producir:
- A degradación do servizo.
- A destrución, manipulación ou acceso non autorizado á información que circula pola rede.
- A violación da privacidade ou da intimidade doutros usuarios/as.
- A deterioración do traballo doutros usuarios.
- A infección por sóftware malicioso dos sistemas informáticos conectados á rede.
- Fins comerciais alleos á UDC.
- Calquera transmisión de información contraria á lexislación vixente en materia de propiedade intelectual e de protección de datos persoais.
- A execución de probas destinadas a detectar, comprobar ou explotar vulnerabilidades de sistemas alleos, sen autorización do seu administrador.
- O acceso non autorizado a sistemas informáticos alleos.
- A conexión de calquera dispositivo que proporcione acceso remoto á rede da UDC, distinto do corporativo.
- A conexión de equipos de rede activos (hubs, switches, encamiñadores, módems, devasas, puntos de acceso WiFi etc.).
- O uso de mecanismos que puidesen afectar á estrutura lóxica da rede.
- A utilización de equipos que operen nas bandas de frecuencia utilizadas pola rede WiFi corporativa e a utilización de inhibidores de frecuencia dentro dos edificios e espazos da UDC, sen autorización do SIC.
Normativa de referenciaEstas condicións de uso figuran na Norma sobre o uso da rede de comunicacións e o acceso a internet, aprobada por resolución reitoral. É preciso solicitar autorización para facer uso dos seguintes servizos- COMUNIDADE UNIVERSITARIA: Non é preciso solicitude para a conexión a eduroam e udcportal.
- CONTAS DE INVITADO: calquer PAS ou PDI da Universidade pode crear contas para persoal alleo que permite a conexión ás redes wifi eduroam e udcportal. A solicitude realizase no portal de servizos http://servizos.udc.es -> solicitude de conta wifi de invitado
- REDES WIFI ESPECIAIS:
- udceventos: calquer PAS ou PDI da Universidade, organizador dun evento ou responsable dun edificio, pode solicitar a activación desta rede wifi para os días nos que teña lugar o evento.
- udcdocencia: calquer PDI da Universidade pode realizar unha solicitude motivada na necesidade desta rede para a docencia.
- udcIoT: calquer PAS ou PDI poden solicitar a conexión dun dispositivo a esta rede wifi.
|
Instalación e configuración de EduroamPara conectarse a eduroam é necesario realizar unha configuración previa nos dispositivos (ordenadores, smartphones, etc). eduroam proporciona ferramentas de configuración automática, disponibles nas seguintes ligazóns segundo o tipo de dispositivo: - Windows, macos, iOS, Linux, Chrome OS: Ir a https://cat.eduroam.org
- Android 8 ou superior. Instalar a app getEduroam (SURF Cooperative) desde a tenda de aplicacións no dispositivo.
- Android (resto de versións). Instalar a app catEduroam (GEANT Association) desde a tenda de aplicacións no dispositivo
No momento da configuración requírese conexión a internet. Pode empregar udcportal para realizar esta configuración inicial de eduroam no dispositivo.
|
|