Tipo | Título | Última Actualización |
---|
Unha vez activada a conta de usuario da UDC, cada persoa da comunidade universitaria pode acceder ao portal servizos.udc.es, o punto central de xestión de servizos persoais.
A través deste portal é posible:
Consultar o perfil de usuario.
Modificar determinados datos persoais rexistrados.
Cambiar o contrasinal da conta.
Acceder, mediante ligazóns directas, a aplicacións e outros servizos da UDC.
O portal servizos.udc.es constitúe así unha ventá única para a xestión de información persoal e o acceso aos principais recursos dixitais da Universidade da Coruña.
Toda a comunidade universitaria:
- Alumnado.
- Traballadores.
- Alumni (Ex-Alumnado ou alumnado con vinculación).
- Ex-traballadores
- Usuarios externos (Colectivos Passport)
Ter conta de usuario na UDC.
Se non tes conta de usuario, podes acceder ao proceso de alta: Creación de contas para novos usuarios
Pode revisar as Preguntas Frecuentes antes de poñer unha nova incidencia.
Incidencias
(só para incidencias relativas ao portal https://servizos.udc.es. Para outras incidencias de ferramentas ou aplicacións buscar dentro de AxudaTIC o servizo correspondente no catálogo para dala de alta.)
Consulta a seguinte guía interactiva para recuperar o acceso á túa conta de usuario da UDC.
Se prefires recuperar o acceso sen usar a guía, aquí tes o procedemento:
Se tes conta de correo electrónico de recuperación
Se tes configurada unha conta de correo electrónico de recuperación, só tes que acceder ao enderezo: https://servizos.udc.es/activacion/recuperar-contrasinal para asignar unha nova contrasinal. Ao facer click nesta opción deberás introducir o teu usuario de servizos (sen @udc.es) e o sistema enviarache un correo a esta conta que teñas de recuperación para poder poñer un contrasinal novo.
Lembrámosche que en calquera momento podes establecer unha conta de correo electrónico de recuperación por se esqueces o teu contrasinal. Entra no teu perfil de servizos https://servizos.udc.es para establecer esa conta de correo electrónico e así poderemos enviarche unha mensaxe que che permita acceder nestes casos.
Se non tes conta de correo de recuperación pero si tes certificado dixital da FNMT
Se tes un certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) podes acceder con el á túa conta de servizos no portal https://servizos.udc.es e configurar unha conta de correo de recuperación dentro do menú "o teu perfil" co que poderás executar xa o punto 1.
Ver máis:
Se non tes correo electrónico de recuperación o tampouco certificado dixital da FNMT
ALUMNADO
Debes dirixirte á administración ou secretaria do teu centro ou poñerte en contacto con eles. Aquí poderás consultar todos os datos para contactar.
TRABALLADOR/A
- Paso 1: Deberás contactar co CAU a través do teléfono (981 167000, extensión 2222) ou do correo cau.sic@udc.es
- Paso 2: O CAU solicitarache que te identifiques, polo que debes ter a mano o teu DNI.
- Paso 3: O CAU facilitarache un novo contrasinal