A aplicación eduroam CAT (eduroam Configuration Assistant Tool) é unha ferramenta para facilitar a configuración dos dispositivos finais de usuario, desenvolvida baixo o proxecto eduroam e ofrecida polas institucións participantes, como a Universidade da Coruña.
A configuración é específica para cada organización.
A descarga de eduroam CAT require de conectividade a Internet. No caso de configurar eduroam nos campus da Universidade, e non dispor de conexión a Internet, pode empregar a rede wifi udcportal para realizar a configuración (non é preciso introducir as credenciais da Universidade).
Para todo o proceso é importante ter en conta que o formato das credenciais de eduroam é o seguinte: nome-da-conta@udc.es
A configuración é moi sinxela e detállase a continuación:
Desde o dispositivo que se desexe configurar, conectarse cun navegador web a https://cat.eduroam.org. Pinche no botón azul que descarga a configuración de eduroam.
Buscar a organización: “Universidade da Coruña”:
A web detecta o tipo de dispositivo que desexa configurar. Pinche no botón azul para descargar o instalador de eduroam. Na imaxe de exemplo, é un instalador para Windows 10, 11:
Instale o configurador segundo o tipo de dispositivo:
Windows: ir a sección de descargas no navegador e execute o ficheiro eduroam-W10-UdC.exe.
Apple macos: execute o perfil de configuración eduroam-OS_X-UdC.mobileconfig.
Apple iOS: ir á sección de perfís descargados. Segundo a versión do dispositivo “Ajustes” --> “General” → “Perfiles” (en iOS 15) ou “Ajustes” --> “VPN y gestión de dispositivos” (versións anteriores a iOS15).
Linux: execute o ficheiro eduroam-linux-UdC-eduroam.py. Se non ten instalado python versión 2.7, execute: python3 eduroam-linux-UdC-eduroam.py
No dispositivo, ir a sección de redes sen fíos e conectarse a eduroam: solicitará as credenciais da conta de usuario no caso de que non se realizase no paso anterior.
Breadcrumbs
Guía de configuración de Eduroam en Windows, Apple macOS, Apple iOS e Linux (catEduroam)
Para que sirve esta guía?