InicioAvisos activosCatalogo de solicitudesOs meus ticketsSoporte RemotoQue é AxudaTIC

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 8 Siguiente »


Descrición

É un portal de axuda dos servizos telemáticos da Universidade da Coruña, está destinado para toda a comunidade universitaria e para os futuros membros.

Neste portal imos ir engadindo o catálogo dos servizos telemáticos dispoñibles: programas, servizos que se prestan, xestión de accesos a recursos informáticos, etc.


🔍 Guía de uso



Para cada servizo tes toda a información, organizada deste xeito:

Descrición: descríbese a utilidade do servizo.

Incidencias e solicitudes: inclúense as ligazóns aos formularios de incidencias e solicitudes disponibles.

Preguntas frecuentes: respostas ás preguntas máis frecuentes sobre cada servizo.

Máis: Manuais, guías de axudas e erros frecuentes.


Tes que ir á propia páxina do servizo e na lapela "Incidencias e solicitudes", están as ligazóns aos formularios de incidencias e solicitudes disponibles para ese servizo.


Tes que premer na ligazón "As miñas solicitudes e incidencias", arriba á dereita, que está disponible en todas as páxinas de Axudatic.



🔍 Preguntas frecuentes



As ligazóns aos formularios de incidencias e solicitudes dun servizo están na mesma páxina que a documentación de cada servizo. Podes buscar o servizo na lapela de "procura" en calqueira páxina de Axudatic.


Seguimos disponibles na extensión 2222 en horario de mañá de 8:00 a 15:00


Nos programas para xestión de incidencias emprégase o término ticket para referirse a unha incidencia ou unha solicitude, que adoitan ir identificados cun nº de referencia (UTS).