A continuación explicamos como borrar as cookies en cada navegador ou realizar navegación en modo privado.

As  cookies son arquivos que crean os sitios web que visitas e gardan datos de navegación para que goces dunha experiencia online máis sinxela. Grazas a elas, os sitios web non pechan a túa sesión, lembran as túas preferencias e proporciónanche contido relevante segundo a túa localización.


É moi importante ter en conta que se deben borrar as cookies de cando en vez para manter o noso navegador optimizado. Borrar cookies, quere dicir que imos borrar contrasinais e datos de sitios webs e que deberemos de volvelos a enchelos se queremos entrar nun futuro, pero vale a pena. porque o abuso de cookies sobrecargan o navegador e consomen recursos do procesador o que reduce o noso rendemento e irá moito máis lento. Ademais pode corrixir problemas nas páxinas e aplicacións web como os que teñen que ver co formato.


xanela privada dos navegadores, exploración InPrivate ou navegación privada son os distintos nomes dados por diferentes navegadores, (Google Chrome, Mozilla Firefox, Internet Explorer, Edge e Safari), a un modo de navegación por internet no cal o navegador non garda ningún tipo de información sobre as páxinas web visitadas, historial delas, non almacena cookies nin contrasinais, entre outras cousas. Ás veces podemos usar unha xanela privada cando detectamos un funcionamento anómalo das páxinas Web para confirmar se pode ser un erro de cookies. Se na xanela privada podemos acceder correctamente e nunha xanela normal non, é recomendable a limpeza de cookies.


Documentación para borrado de cookies / navegación privada en cada navegador:


  • Eliminar e administrar cookies
  • Navegación privada: Abre Internet  Explorer 11 e presiona a tecla Alt para que apareza a barra de menú. Fai clic en Ferramentas e selecciona Exploración de InPrivate. Ábrese unha nova xanela desde a que poderás navegar en privado. Nesta xanela podemos abrir todas as pestanas que queiramos e todas serán en modo private.



Enlace a esta página