Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 3 Actual »

De cara ao inicio do próximo curso académico 2025-2026, a Universidade da Coruña procederá á substitución da actual aplicación de acceso remoto VPN (Ivanti Secure) pola solución GlobalProtect do fabricante Palo Alto Networks.

Para facilitar a transición, ambas conexións VPN permanecerán operativas ata o luns 8 de setembro de 2025.

Recomendámoslle que configure a nova aplicación GlobalProtect canto antes. Pode consultar as instrucións detalladas na ficha correspondente do portal axudaTIC:

https://axudatic.udc.gal/display/CSU/VPN.+Palo+Alto+Global+Protect

A partir da data indicada, o acceso VPN mediante a aplicación Ivanti quedará restrinxido exclusivamente, durante un período adicional, ao persoal provedor (externo) da Universidade.

Para máis información, pode consultar o portal axudaTIC, onde atopará avisos, novidades, documentación dos servizos e os formularios de incidencia e solicitude.

Enlace a esta página
  • Sin etiquetas