Tipo | Título | Última Actualización |
---|
A emisión da tarxeta universitaria (TUI) é o proceso mediante o que os membros da comunidade universitaria poden obter a súa tarxeta acreditativa en formato dixital e, en determinados casos, en formato de plástico.
A tarxeta universitaria é a credencial que permite a identificación de todos os membros integrantes da comunidade universitaria, brinda acceso a múltiples servizos tecnolóxicos e constitúe un avanzado sistema de información, xestión, acreditación, empréstito bibliotecario, acceso a recintos...
En caso de extinción ou suspensión da vinculación entre o usuario/a da tarxeta e a UDC, pérdese o dereito ao seu uso.
Co obxectivo de reducir a pegada ecolóxica provocada polo uso excesivo do plástico, a UDC converteu a tarxeta universitaria a un formato dixital dispoñible a través de UDC.gal, a aplicación oficial da Universidade da Coruña.
Unicamente poden seguir obtendo a tarxeta de plástico aqueles usuarios que necesiten soporte a tarxeta criptográfica para a sinatura electrónica, controis de acceso baseados en tarxeta de proximidade ou que non dispoñan dun teléfono compatible coa nova tarxeta de identificación.
PROCEDEMENTO DE EMISIÓN DA TARXETA UNIVERSITARIA (TUI)
QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO
Estudantes de grao, máster universitario, doutoramento, estudos propios e Universidade Sénior matriculados na UDC que teñan pagada a cota correspondente á tarxeta universitaria para o presente curso académico.
Persoal docente e investigador da UDC.
Persoal de administración e servizos da UDC.
Persoal da UDC contratado con cargo a fondos orzamentarios do Capítulo VI.
CONDICIÓNS DE USO
A tarxeta universitaria é a credencial que permite a identificación de todos os membros integrantes da comunidade universitaria, brinda acceso a múltiples servizos tecnolóxicos e constitúe un avanzado sistema de información, xestión e acreditación.
A tarxeta universitaria é unha tarxeta persoal e intransferible. A persoa titular é responsable dos actos administrativos que fosen validados e autenticados coa tarxeta que o identifica. Se es estudante, para ter dereito a ela é necesario estar matriculado na UDC e pagar a cota anual correspondente.
En caso de extinción ou suspensión da vinculación entre o usuario/a da tarxeta e a UDC, pérdese o dereito ao seu uso.
QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO
A emisión da tarxeta bibliotecaria para usuarios externos non pertencentes á comunidade universitaria.
A emisión de tarxetas de acceso a actividades deportivas, recintos ou aparcadoiros para usuarios non pertencentes á comunidade universidade.
Solicitudes
Unicamente pode seguir obtendo a tarxeta de plástico o persoal que necesite soporte a tarxeta criptográfica para a sinatura electrónica, controis de acceso baseados en tarxeta de proximidade ou que non dispoña dun teléfono compatible coa nova tarxeta de identificación. Poderá solicitar cita previa para realizar a emisión a través da seguinte solicitude (é preciso estar autenticado nesta páxina como persoal da UDC).
O alumnado que se atope nalgunha das situacións anteriores, necesitará que o seu responsable autorice e envíe a solicitude en nome do alumno autorizado para que se lle emita a tarxeta en formato plástico.
Nota: as tarxetas universitarias imprímense só con cita previa nas dependencias do SIC-CSU Atención ao usuario no Edificio dos Servizos Centrais de Investigación (ESCI) no andar 0.