Servizo de actualización en liña da fotografía universitaria (Tarxeta universitaria TUI, xestión académica, servizo de persoal, campus virtual e Microsoft 365)
QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO
Estudantes de grao, máster universitario, doutoramento, estudos propios e Universidade Sénior.
Persoal docente e investigador da UDC.
Persoal de administración e servizos da UDC.
Persoal da UDC contratado con cargo a fondos orzamentarios do Capítulo VI.
CONDICIÓNS DE USO
Este servizo permite realizar un cambio unificado da fotografía dos membros da comunidade universitaria nos seguintes ámbitos: Tarxeta universitaria TUI, aplicación móbil UDC.gal, xestión académica, servizo de persoal, campus virtual e Microsoft 365.
A fotografía só se pode cambiar unha vez por curso académico (habilítase o cambio a partir do día 15 de setembro). Se precisa realizar un cambio antes da finalización do curso académico debe solicitalo aquí indicando o motivo do cambio.