Para reforzar a seguridade de acceso as aplicacións e servizos da Universidade, vaise cambiar o xeito en que nos conectamos a eles.

Isto supón que ademais do usuario e contrasinal teremos que introducir un número xerado a través dunha aplicación.

Para facilitar a configuración desta nova autenticación, chamada multifactor,  o mércores 1 de decembro ás 11:00, Carlos Escudero, Adxunto ao Reitor para as TIC, impartirá un webminar formativo dirixido a todo o persoal da UDC que se poderá seguir a través desta ligazón: https://bit.ly/3l3HgA4  


O calendario de implantación deste cambio é o seguiente: novo calendario de implantación


udcTV - Webminar sobre a activación da autenticación de dobre factor na UDC

Documentación presentación del MFA. SIC/UDC