1. Que debo facer para obter a tarxeta universitaria?R: Consulta a pestana Onde conseguila? 2. Teño problemas para activar a tarxeta no meu móbilMira a sección Incidencias e solicitudes 3. Necesito estar rexistrado no portal de Servizos da UDC para obter a tarxeta?R: Sí, xa que do contrario non te poderás autenticar na aplicación. Acceso ao portal de servizos no enderezo https://servizos.udc.es. 4. Que fago se a perdo ou a teño caducada?R: Agora a tarxeta universitaria ten formato dixital. Se xa tiveches tarxeta física bastará con que descargues UDC.gal, a app da UDC no teu móbil (Android - Iphone) e disporás dela ao instante. Máis información na pestana Onde conseguila? 5. En que casos podo solicitar unha tarxeta de plástico?R: Unicamente poden seguir obtendo a tarxeta de plástico aqueles usuarios que necesiten soporte á tarxeta criptográfica para firma electrónica, controis de acceso baseados en tarxeta de proximidade ou que non dispoñan dun teléfono compatible coa nova tarxeta de identificación |
Data actualización : Servizo : Emisión da tarxeta universitaria (TUI) Grupo : Software e aplicacións Clase : SERVIZOS ENTREGADOS, SERVIZOS DE ACCESO, APLICACIÓNS
|