Púxose en funcionamento unha nova versión da aplicación do servizo de distribución de listas de correo da UDC. O cambio fundamental é que corrixe o envío de imaxes incrustadas ás listas. Ademais presenta un novo interface visual mellorado na experiencia do usuario así como máis axudas para propietarios e moderadores.