Co obxectivo de reducir a pegada ecolóxica provocada polo uso excesivo do plástico, a UDC convertiu a tarxeta universitaria a un formato dixital dispoñible a través de UDC.gal, a app oficial da Universidade da Coruña. Se xa tiveches tarxeta física bastará con que descargues a app da UDC no teu móbil (Android - Iphone) e disporás dela ao instante. Se nunca tiveches tarxeta (ou desexas actualizar a fotografía) terás que acudir a calquera dos puntos de emisión habilitados, despois de facer a matrícula/contrato ou cando empeces o curso, levando tan só o documento acreditativo (dni, pasaporte etc.) co que estás matriculado/contratado; alí realizaranche a foto que aparecerá despois na tarxeta e tamén terás que escoller o pin co que te identificarás nos diversos servizos da UDC (biblioteca, control de accesos etc.) Nota sobre tarxetas de plástico: Unicamente poden seguir obtendo a tarxeta de plástico aqueles usuarios que necesiten soporte a tarxeta criptográfica para firma electrónica, controis de acceso baseados en tarxeta de proximidade ou que non dispoñan dun teléfono compatible coa nova tarxeta de identificación. PUNTOS FIXOS DE EMISIÓNA Coruña Ferrol HORARIOCADUCIDADEAs tarxetas de plástico que non teñen conta asociada seguen estando operativas pese a que xa finalizara a data de caducidade, pero recorda que podes empregar a tarxeta virtual dispoñible na app da UDC.
|