A continuación informámosche dos pasos que debes seguir no caso do roubo do teu contrasinal.
a) Se o teu contrasinal foi cambiado polos ciberdelincuentes e NON PODES ACCEDER aservizos.udc.es, segue as indicacións “COMO RECUPERAR OS DATOS DA TÚA CONTA DE SERVIZOS” na páxina: Portal de servizos e recuperación de contrasinal. Logo, continúa co paso 2.
b) Se o seu contrasinal non foi cambiado polos ciberdelincuentes e PODES ACCEDER a servizos.udc.es, · modifica a túa clave de acceso enhttps://servizos.udc.es, no apartado “Cambio de contrasinal”. Continúa co paso 2.
Revisa a conta de correo alternativa que aparece enhttps://servizos.udc.es, pois é posible que o ciberdelincuente a cambiara por outra baixo o seu control.
Analiza cun antivirus os teus dispositivos. Elimina o posible malware que se detecte.
Se utilizabas o mesmo contrasinal para outros servizos, debes cambialo tamén ahí. Recorda que non é recomendable usar o mesmo contrasinal para varios servizos ou aplicacións.