UDC.gal é a aplicación oficial da Universidade da Coruña (UDC), a canle de comunicación e información para a comunidade universitaria que permite obter información de grande interese e utilidade:
Información pública da Universidade: consulta toda a información sobre a UDC · Oferta académica e información para futuros estudantes · Catálogo de investigación · Novas · Redes sociais · Localizacións · Axuda a un só toque · Máis funcións que se irán incorporando aos poucos
Información privada: todos os teus datos personalizados segundo o teu perfil universitario. · Consulta as túas materias e cualificacións (horarios, titorías e máis opcións nun futuro próximo) · Tarxeta universitaria: esquécete do plástico e leva sempre no teu móbil a túa tarxeta universitaria en formato dixital, aproveitándote dos novos servizos que xurdirán con esta. · Recibe avisos automáticos dos teus servizos universitarios e non perdas ningunha notificación importante no teu correo electrónico. · Consulta a ocupación de espazos comúns: así poderás saber se hai sitio antes de chegar. · Calendario universitario: desde a aplicación poderás acceder ao calendario académico e coñecer todos os eventos da universidade. · Ofertas, retos e premios: unha sección diferente, chea de vantaxes e diversión, en que atoparás ofertas e retos especialmente deseñadas para os estudantes e demais membros da UDC. Non os perdas, poderás conseguir estupendos beneficios! · E múltiples funcións que irán xurdindo grazas á nova tecnoloxía da aplicación.
Dispoñible en:
QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZOEste servizo non inclúe o soporte á infraestructura hardware.
UNIDADES ADMINISTRATIVAS ASOCIADAS AO SERVIZOServizo de Informática e Comunicacións - Área de Innovación Tecnolóxica
|