Se aparece o erro "No disponemos de tu fotografía para generar la TUI virtual":

Consulte a opción "Consigue a túa tarxeta" (https://www.udc.es/gl/tui/emision/) da páxina de información da TUI (https://www.udc.es/gl/tui).


Tras acceder na app UDC.gal, erro ao premer en 'Tarjeta virtual':

Se o seu teléfono é Android, borre os datos da aplicación:
'Configuración' - 'Aplicaciones' - UDC.gal:

  • Premer 'Detener'
  • 'Almacenamiento’: Premer ‘Borrar datos’.
  • Inicia de novo a aplicación


Ao intentar facer login, a App pregunta polo navegador, seleccionas un cualquera e non pasa nada, non se amosa ningunha pantalla de login. A solución á incidencia é a seguinte:

  • Cuando apareza a selección de navegador, selecciona un deles e asegúrate de ter marcada a casilla 'Recordar mi selección'
  • Parecerá que non fai nada, pero abre de nuevo a aplicación UDC.gal, agora si que debería abrirse o navegador coa pantalla de login
  • Introduce as túas credenciales, deberías estar logueado/a

Informar dunha incidencia de App UDC.gal



Non hai para este servizo




Dispoñible en:











UDC.gal é a aplicación oficial da Universidade da Coruña (UDC), a canle de comunicación e información para a comunidade universitaria que permite obter información de grande interese e utilidade:


Información pública da Universidade: consulta toda a información sobre a UDC

· Oferta académica e información para futuros estudantes

· Catálogo de investigación

· Novas

· Redes sociais

· Localizacións

· Axuda a un só toque

· Máis funcións que se irán incorporando aos poucos


Información privada: todos os teus datos personalizados segundo o teu perfil universitario.

· Consulta as túas materias e cualificacións (horarios, titorías e máis opcións nun futuro próximo)

· Tarxeta universitaria: esquécete do plástico e leva sempre no teu móbil a túa tarxeta universitaria en formato dixital, aproveitándote dos novos servizos que xurdirán con esta.

· Recibe avisos automáticos dos teus servizos universitarios e non perdas ningunha notificación importante no teu correo electrónico.

· Consulta a ocupación de espazos comúns: así poderás saber se hai sitio antes de chegar.

· Calendario universitario: desde a aplicación poderás acceder ao calendario académico e coñecer todos os eventos da universidade.

· Ofertas, retos e premios: unha sección diferente, chea de vantaxes e diversión, en que atoparás ofertas e retos especialmente deseñadas para os estudantes e demais membros da UDC. Non os perdas, poderás conseguir estupendos beneficios!

· E múltiples funcións que irán xurdindo grazas á nova tecnoloxía da aplicación.


Dispoñible en:

QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO

Este servizo non inclúe o soporte á infraestructura hardware.


UNIDADES ADMINISTRATIVAS ASOCIADAS AO SERVIZO

Servizo de Informática e Comunicacións - Área de Innovación Tecnolóxica



QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO

Toda a comunidade universitaria.

Todos os usuarios (parte pública).


É PRECISO SOLICITAR AUTORIZACIÓN PARA FACER USO DESTE SERVIZO

Non



Aplicación para dispositivo móvil.


Dispoñible para Android e IOS


CONDICIÓNS DE USO

Os térmos e condicións de uso de esta aplicación atópanse recollidos no seu “Aviso Legal”

https://webappuniversitaria.universia.net/Disclaimers/UDC/UDC_avisolegal.html

Asimesmo pode vostede consultar a "Política de privacidade" na seguinte ligazón:

https://webappuniversitaria.universia.net/Disclaimers/UDC/UDC_politicaprivacidad.html


Do mesmo xeito, e ao ser o envío push un envío SEN confirmación, a UDC non pode grarantizar a recepción do 100% das mesaxes. 



Dispoñible en:


UDC.gal é a evolución da app UDC Móbil. A nova app foi desenvolvida en conxunto con Universia.

Ao ser unha evolución da súa predecesora, comeza na versión 6.2

UDC.gal v. 7.6. Data de lanzamento:  



Tras acceder na app UDC.gal, erro ao premer en 'Tarjeta virtual':

Se o seu teléfono é Android, borre os datos da aplicación:
'Configuración' - 'Aplicaciones' - UDC.gal:

  • Premer 'Detener'
  • 'Almacenamiento’: Premer ‘Borrar datos’.
  • Inicia de novo a aplicación


Ao intentar facer login, a App pregunta polo navegador, seleccionas un cualquera e non pasa nada, non se amosa ningunha pantalla de login. A solución á incidencia é a seguinte:

  • Cuando apareza a selección de navegador, selecciona un deles e asegúrate de ter marcada a casilla 'Recordar mi selección'
  • Parecerá que non fai nada, pero abre de nuevo a aplicación UDC.gal, agora si que debería abrirse o navegador coa pantalla de login
  • Introduce as túas credenciales, deberías estar logueado/a






Data actualización :  

Servizo : App UDC.gal

Grupo : Software e aplicacións

Clase : APLICACIÓNS

Documentador : Área de Proxectos e Servizos Internos.