Nestes días estanos a aparecer un aviso de fin de Soporte nos ordenadores que teñen instalado o sistema operativo Windows7. Esta mensaxe indica que Microsoft xa non vai dar máis soporte técnico nin proporcionar máis parches de seguridade para a dita plataforma; tamén o antivirus nos pode estar alertando desta mesma situación. É por iso que é recomendable migrar estes equipos a windows 10  se teñen as presacións suficientes, e de non ser posible sustituilos por outros.

Este proceso vai requirir un esforzo moi elevado en recursos humáns e económicos. Nos servizos informáticos estamos a traballar no protocolo de migración segura e o máis áxil dos equipos dos distintos colectivos, que publicaremos nesta mesma canle.



Servizo de informática e Comunicacións