Queremos recordarvos a toda a comunidade universitaria que debedes desconfiar dos correos electrónicos provenientes dun remitente descoñecido que soliciten accións urxentes, como facer clic en enlaces ou abrir arquivos adxuntos, especialmente se o destinatario é descoñecido.

Este método é unha das vías de infeccións máis habitual e pode causar a perda dos arquivos do teu ordenador.

Tamén están cobrando moito protagonismo os correos fraudulentos que suplantan a un provedor e informan dun cambio no número de conta bancaria, incitando ao receptor a facer una transferencia urxente.

Aínda que a UDC conta con sistemas que eliminan a maior parte destes correos, é inevitable que algún chegue ás vosas bandexas de entrada.

Lembra tamén a conveniencia de facer copias de seguridade periódicas.


Tedes a continuación varias mostras de correos deste tipo: