No 2015 comezou na UDC a emisión instantánea da tarxeta de identificación universitaria (TIU) para todos os membros da comunidade, que che permite levar en poucos minutos a túa tarxeta e gozar das súas vantaxes desde o primeiro momento. Para iso simplemente terás que acudir a calquera dos puntos de emisión habilitados, despois de facer a matrícula/contrato ou cando empeces o curso, levando tan só o documento acreditativo (dni, pasaporte etc.) co que estás matriculado/contratado; alí realizaranche a foto que aparecerá despois na tarxeta e tamén terás que escoller o pin co que te identificarás nos diversos servizos da UDC (biblioteca, control de accesos etc.) PUNTOS FIXOS DE EMISIÓNA Coruña Ferrol HORARIO
Notas:
|
1. Que debo facer para obter a tarxeta universitaria?Consulta a pestana Onde conseguila? 2. Son membro da comunidade universitaria e ao acudir ao punto de emisión non puiden obter a tarxetaSe no punto de emision non puideches obter a tarxeta por algún destes erros debes facer o seguinte:
3. Necesito estar rexistrado no portal de Servizos da UDC para obter a tarxeta?Algúns servizos da tarxeta universitaria, como o préstamo de libros na biblioteca ou o control de acceso a edificios, requiren da activación previa no portal de Servizos da universidade, polo que é recomendable rexistrarse en https://servizos.udc.es antes de obter a tarxeta nos puntos de emisión. 4. Que fago se a perdo?Debes solicitar unha nova tarxeta. Consulta a pestana Onde conseguila? 5. Teño a tarxeta caducada, que teño que facer?As tarxetas que non teñen conta asociada seguen estando operativas pese a que xa finalizara a data de caducidade. Se a túa tarxeta caducou e por calquera motivo necesitas unha con data de caducidade en vigor diríxete aos puntos de emisión ou consulta a pestana Onde conseguila? |
Data actualización : Servizo : Emisión da tarxeta universitaria (TIU) Grupo : Software e aplicacións Clase : SERVIZOS ENTREGADOS, SERVIZOS DE ACCESO, APLICACIÓNS
|