Para afondar nos servicios disponibles: Na páxina principal do portal tes tres lapelas, unha por cada colectivo da comunidade universitaria. Tes que premer na do colectivo ao que pertences, e accedes a todos os servizos que tés dispoñibles Para cada servizo tes a información das Condicións en que se presta o servizo, organizada deste xeito: -En que consiste o servizo: describese a utilidade do servizo: pode tratarse do uso dun programa, do acceso a un recurso ou recibir un servizo a través dun traballo técnico -Ámbito de uso: quén pode usar o servizo , con qué finalidade e sobre qué tipo de equipamento; -Requisitos técnicos: Que equipos o programas se precisan para poder facer uso o recibir o servizo -Condicións: indícase se hay restriccións de compatibilidade, limitación técnicas, condicións de uso de licenzas, requisitos legais -Manuais, guías de axudas, faqs e erros frecuentes
Para notificar unha incidencia ou facer unha solicitude: tes que ir á propia páxina do servizo, e á dereita están as ligazóns aos formularios de incidencias e solicitudes disponibles para ese servizo
Para ver o estado das túas incidencias ou solicitudes: tes que premer na ligazón "As miñas incidencias e solicitudes", arriba, a dereita, que está disponible en todas as páxinas de Axudatic
|