É un portal de axuda dos servizos telemáticos da Universidade da Coruña, que estamos a construír; está destinado para toda a comunidade universitaria e para os futuros membros. Neste portal imos ir incluíndo o catálogo dos servizos telemáticos dispoñibles: programas, servizos que se prestan, xestión de accesos a recursos informáticos... Para cada servizo documentado Tes dispoñibleInformación de para que serve, quen o pode usar e de que xeito. Guías de instalación e uso, e os enlaces de descarga dos programas.
Podes:Tramitar solicitudes de acceso ou uso dese servizo. Rexistrar unha incidencia para informar dunha falla no uso do servizo e solicitar axuda para resolvela. Facer o seguimento das solicitudes ou incidencias que teñas remitido.
Tamén neste portal estamos a publicar os avisos e novas, como son: avisos de mantementos programados que poidan afectar aos servizos telemáticos avisos de avarías que se teñan detectado alertas de seguridade novidades relacionadas cos servizos que se prestan ou novos servizos consellos relacionados co uso de servicios telemáticos
Aínda estamos a traballar na documentación dos servizos; no caso dos servizos que non estean documentados, o portal che dirixirá as páxinas web do dito servizo, a as incidencias e solicitudes que non estean dispoñibles no portal as tes que seguir tramitando na unidade de atención telefónica do CAU na extensión 2222 Todos os novos servizos telemáticos vanse ofrecer dende este portal. |