Unha vez autenticados imos ao menú “Preferencias” :
O abrir temos a seguinte pantalla. Facemos clic co ratón en Importar/Exportar, parte esquerda da pantalla :
Na seguinte pantalla imos á sección “Exportar”, deixamos todo como na imaxe e facemos clic na parte dereita en Exportar.
Na parte inferior do explorador comezase a descargar un arquivo comprimido de todo o noso correo. Co nome: “ Todo-2018-xx-xx-xxxxxx.tgz “ esperamos a que termine de descargarse. O arquivo gardasese por defecto en descargas.
Comprobamos a descarga
Unha vez comprobado pechamos esta conta e abrimos a conta de webmail de Servizos , é dicir conta tipo: pepito.perez@udc.es
¡¡¡IMPORTANTE!!! Antes de procecer coa importación debemos crear un cartafol para que almacene o correo Importado e non se mesture cos correos da conta anfitrión.
Para facer isto pulsamos a roda dentada que nos aparece en “Cartafois”
Pulsamos en “Novo cartafol”, ábrese a fiestra
En nome poñémoslle o que queiramos por exemplo “Conta importada” e deixamos todo o demais como esta, pulsamos “Aceptar”. Na parte esquerda do noso correo aparecerá un novo cartafol chamado “conta importada”
Volvemos ao menú preferencias
Pulsamos en Importar/Exportar
Na seguinte pantalla imos á sección “Importar” e pulsamos en “Seleccionar arquivo”
Buscamos no cartafol Descargas ou onde gardamos o arquivo e seleccionámolo
¡¡¡IMPORTANTE!!! Agora é cando eliximos onde queremos importar os correos, en “Destino” pulsamos en todos os cartafois.
Ábrese a fiestra, eliximos o cartafol “conta importada”
Pulsamos aceptar, a pantalla de importación debería quedar como na imaxe, comprobámolo e pulsamos Importar.
Esperamos a que a importación realícese.
Unha vez terminada os correos da conta importada coa súa estrutura deberían estar no cartafol de correo de conta importada.
Data actualización : 31/05/2018
Servizo : Outlook web 365
Grupo : Software e aplicacións
Clase : SERVIZOS ENTREGADOS, SERVIZOS DE ACCESO, APLICACIÓNS