É un portal de axuda dos servizos telemáticos da Universidade da Coruña, que estamos a construír; está destinado para toda a comunidade universitaria e para os futuros membros. Neste portal vamos ir incluíndo o catálogo dos servizos telemáticos dispoñibles: programas, servizos que se prestan, xestión de accesos a recursos informáticos... Para cada servizo documentado Tes dispoñible:
Podes:
Tamén neste portal estamos a publicar os avisos de mantementos programados que poidan afectar aos servizos telemáticos ou de avarías que se teñan detectado e as novidades relacionadas cos ditos servizos. Aínda estamos a traballar na documentación dos servizos; no caso dos servizos que non estean documentados, o portal che dirixirá as páxinas web do dito servizo, a as incidencias e solicitudes que non estean dispoñibles no portal as tes que seguir tramitando a través do CAU na extensión 2222 ou no email cau.sic@udc.es. Todos os novos servizos telemáticos vanse ofrecer dende este portal. |