Eduroam é unha rede sen fíos (wifi) que proporciona conectividade a Internet tanto á comunidade universitaria como aos visitantes doutras institucións. Este servizo está dispoñible en todos os edificios da Universidade. Adicionalmente, a rede wifi eduroam está disponible tamén noutras universidades e centros de investigación. A rede sen fíos supón unha infraestrutura adicional á rede por cable e non pretende ser nunca un substituto da devandita rede por cable. Ademais as prestacións, estabilidade e rendemento non son comparables á rede por cable, polo que non se recomenda o seu uso nos postos de traballo permanentes. Introducióneduroam (educational roaming) é un servizo a nivel mundial para a mobilidade dos usuarios que pertencen a institucións académicas ou de investigación. Permite que tanto estudantes, investigadores, profesores e resto de persoal das citadas institucións teñan conectividade a Internet nas súas propias instalacións como no resto de institucións participantes. O resultado é que o usuario poderá conectarse a eduroam, e en consecuencia a Internet, desde calquera institución adherida, empregando as mesmas credenciais de acceso. Ligazóns: Usuarios de UDC que van a outra instituciónCalquera usuario da UDC que se vaia trasladar a outra institución pertencente a eduroam, poderá conectarse a súa rede sen fíos. Debe ter configurado o SSID eduroam. Ver a lapela "Máis" e dentro dela "Guías de configuración e cambio de contrasinal". Para acceder á rede eduroam é necesario autenticarse co nome de usuario e contrasinal do xestor de identidade corporativo, seguido de @udc.es. Hai que ter en conta o seguinte: se non se conecta con eduroam na UDC, tampouco o fará noutra outra institución. Recomendámoslle consultar, na web da outra institución, a información referente a eduroam. Consulte tamén as páxinas da iniciativa nacional e internacional de eduroam. Usuarios doutras institucións que veñen á UDCA Universidade da Coruña pertence á iniciativa eduroam e, por tanto, habilítalles o acceso a súa rede sen fíos aos usuarios de calquera organización adherida á iniciativa de eduroam, de acordo coa súa política de itinerancia e coas normas de uso da rede sen fíos da Universidade da Coruña. - O usuario visitante debe empregar o SSID eduroam
- A rede sen fíos da UDC emprega os seguintes protocolos de autenticación e de encriptación: 802.1X, EAP-TTLS, WPA2-AES
Antes de vir á UDC e de empregar a rede sen fíos, recomendámoslle comprobar se a súa organización pertence á iniciativa eduroam e ter configurado o servizo no seu dispositivo.
Toda a comunidade universitaria. Condicións de uso- A rede WiFi deberá utilizarse de xeito responsable, ético, eficiente e de acordo coa lexislación vixente, evitando calquera tipo de prexuízo a outros usuarios ou á organización.
- A UDC implantará mecanismos de filtrado de tráfico na súa rede co fin de cursar exclusivamente o tráfico que sexa necesario para proporcionar os servizos requiridos e minimizar as posibilidades dun incidente de seguridade.
- No uso do acceso a internet deberán respectarse as políticas de uso aceptable das institucións que proporcionan este servizo á UDC:
- Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA): https://www.cesga.es/comunidad/solicitud-de-servicios/politica-de-uso-aceptable-de-recetga/
- Rede académica e de investigación española (RedIRIS): https://www.rediris.es/lared/
- A UDC levará a cabo, de xeito automatizado, a monitorización e inspección do tráfico que transcorra pola súa rede da rede, co fin de vixiar o cumprimento da súa normativa. Esta inspección poderá complementarse con outra manual naqueles casos que requiran unha análise máis detallada. En todos eles, estas actividades de supervisión levaranse a cabo nos termos especificados no artigo 10 do Regulamento xeral de uso das TIC na UDC.
Usos non permitidos- O desenvolvemento de actividades que puidesen producir:
- A degradación do servizo.
- A destrución, manipulación ou acceso non autorizado á información que circula pola rede.
- A violación da privacidade ou da intimidade doutros usuarios/as.
- A deterioración do traballo doutros usuarios.
- A infección por sóftware malicioso dos sistemas informáticos conectados á rede.
- Fins comerciais alleos á UDC.
- Calquera transmisión de información contraria á lexislación vixente en materia de propiedade intelectual e de protección de datos persoais.
- A execución de probas destinadas a detectar, comprobar ou explotar vulnerabilidades de sistemas alleos, sen autorización do seu administrador.
- O acceso non autorizado a sistemas informáticos alleos.
- A conexión de calquera dispositivo que proporcione acceso remoto á rede da UDC, distinto do corporativo.
- A conexión de equipos de rede activos (hubs, switches, encamiñadores, módems, devasas, puntos de acceso WiFi etc.).
- O uso de mecanismos que puidesen afectar á estrutura lóxica da rede.
- A utilización de equipos que operen nas bandas de frecuencia utilizadas pola rede WiFi corporativa e a utilización de inhibidores de frecuencia dentro dos edificios e espazos da UDC, sen autorización do SIC.
Normativa de referenciaEstas condicións de uso figuran na Norma sobre o uso da rede de comunicacións e o acceso a internet, aprobada por resolución reitoral. É preciso solicitar autorización para facer uso dos seguintes servizos- COMUNIDADE UNIVERSITARIA: Non é preciso solicitude para a conexión a eduroam e udcportal.
- CONTAS DE INVITADO: calquer PAS ou PDI da Universidade pode crear contas para persoal alleo que permite a conexión ás redes wifi eduroam e udcportal. A solicitude realizase no portal de servizos http://servizos.udc.es -> solicitar conta wifi de invitado
- REDES WIFI ESPECIAIS:
- udceventos: calquer PAS ou PDI da Universidade, organizador dun evento ou responsable dun edificio, pode solicitar a activación desta rede wifi para os días nos que teña lugar o evento (lapela de Incidencias e solicitudes)
- udcdocencia: calquer PDI da Universidade pode realizar unha solicitude motivada na necesidade desta rede para a docencia.
- udcIoT: calquer PAS ou PDI poden solicitar a conexión dun dispositivo a esta rede wifi.
|
Instalación e configuración de EduroamPara conectarse a eduroam é necesario realizar unha configuración previa nos dispositivos (ordenadores, smartphones, etc). eduroam proporciona ferramentas de configuración automática, disponibles nas seguintes ligazóns segundo o tipo de dispositivo: - Windows, macos, iOS, Linux, Chrome OS: Ir a https://cat.eduroam.org
- Android 8 ou superior. Instalar a app getEduroam (SURF Cooperative) desde a tenda de aplicacións no dispositivo.
No momento da configuración requírese conexión a internet. Se non ten acceso a Internet, pode conectarse á wifi udcportal para realizar esta configuración inicial de eduroam no dispositivo.
|
Outras redes wifi disponibles
|
É importante revisar que o contrasinal esté actualizado. |
Incidencias (Antes de crear esta incidencia lembra que a rede eduroam debe configurarse como se indica en "Requisitos e configuración" da lapela "Descrición" . O teu usuario da UDC nesta rede wifi (SSID) debe ir seguido de @udc.es)
Solicitudes (Só exclusivamente para congresos/seminarios ou eventos. Para calquera outra solicitude de conta de invitado podes facelo no teu portal de servizos http://servizos.udc.es -> solicitar conta wifi de invitado)
|
|
É necesario aplicar o novo contrasinal en todos os dispositivos que estivesen previamente configurados en eduroam. A maoría dos dispositivos amosan unha mensaxe emerxente solicitando o novo contrasinal. No caso de que isto non ocorra, é necesario configurar de novo eduroam. Recoméndase borrar a configuración previa de eduroam, no apartado de configuración wifi do dispositivo: - En Windows, no menú de selección de redes wifi, marcar eduroam e co botón dereito pinchar en "Dejar de recordar"
- En iOS e macos, desinstalar o perfil de configuración, desde Axustes.
- En Android, seleccionar eduroam e marcar en "Olvidar".
|
Á rede sen fíos que a Universidade recomenda é eduroam: - Conta cos protocolos de seguridade máis elevados.
- A configuración realízase unha única vez e non é necesario introducir as credenciais cada vez que me conecto.
- Permite conectarse noutras universidades.
- A velocidade de conexión de udcportal está limitada
Só se recomenda empregar udcportal nos seguintes casos: - Para a configuración de eduroam cando o dispositivo non dispón doutra conexión.
- Se o dispositivo se vai conectar unha única vez.
- No caso de non dispor de conta en eduroam: antigos membros da comunidade universitaria
|
En determinados dispositivos, especialmente Windows, se o contrasinal da conta contén algún caracter ASCII da versión extendida como pode ser "¿" ou "ñ", prodúcese un erro na autenticación. A solución consiste en modificar o contrasinal evitando este tipo de caracteres ASCII da versión extendida. Pode consultar na seguinte ligazón a tabla ASCII extendida: https://www.ionos.es/digitalguide/servidores/know-how/tabla-ascii/
|
Calquera antigo membro da comunidade universitaria pode conectarse a rede wifi udcportal. Para este caso, non está disponible eduroam.
|
Non se recomenda, xa que na maioría dos casos estas configuracións non se realizan de forma adecuada no relativo á seguridade. A pesar de que o dispositivo se conecta correctamente á rede, as comunicacións son suscpetibles de ser interceptadas. Na lapela "Máis" atópase toda a información necesaria para realizar esta configuración de forma correcta.
|
- En Android, se dispoñía dunha configuración manual previa, a reconfiguración non se realiza de forma correcta. Para solucionalo hai que ir á listaxe de redes wifi detectadas e "olvidar" eduroam (en zonas de cobertura desta rede). Logo, volver a intentalo de novo.
- En iPhone, realízase unha descarga dun perfil de configuración que hai que instalar. Para acceder, haberá que localizar a zona de descarga segundo a versión de iOS nos Axustes. Recoméndase desinstalar a versión anterior do perfil previamente instalado.
|
- Executa o script invocando deste modo: python3 eduroam-linux-UdC-eduroam.py
|
- Hai que modificar a configuración do proxy http, cambiando de automático a desactivo.
- Realízase en "Ajustes" → "Wifi" → "eduroam". Pinchar no i.
- Na nova pantalla, localizar a opción "Proxy HTTP" e establecer a opción "Desactivado"
|
Trátase dun problema coñecido. Dependendo da versión do driver da tarxeta wifi Intel, é posible que non se amosen as redes wifi (SSIDs) que traballan en Wifi 6 (802.11ax). A recomendación de Intel para solucionar o problema consiste en actualizar os drivers á última versión: (*) Facultade de Informática, Facultade de Econonía e Empresa, Escola Politécnica Superior, Facultade de Ciencias da Educación, Facultade de Socioloxía e de Ciencias de Comunicación, Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos e Área Científica.
|
Detectouse que ao desinstalar o software de Ivanti Secure Access Client nun ordenador con Windows, deixa de funcionar eduroam. A solución pasa por configurar de novo eduroam.
|
|
Configuración manual de eduroam
En casos puntuais, pode ser necesario configurar o dispositivo para a conexión a rede wifi eduroam de forma manual. No caso de ser necesario a configuración manual, os parámetros de configuración son os seguintes: - Autenticación de rede: EAP-TTLS con PAP
- Require identidade externa: anonymous@udc.es
- Servidor autenticación: radius.udc.es
- Certificado CA raíz USERTrust RSA Certification Authority e GEANT OV RSA CA 4: formato pem (Válido desde o 2 de Decembro de 2021)
IMPORTANTE: é necesario instalar o certificado da Autoridade de Certificación (CA) no dispositivo, xunto co nome do servidor de autenticación. En caso contrario o contrasinal pode verse comprometido!!!
|
Guías de configuración para Eduroam:Cambio de contrasinalSe modificou o contrasinal da conta de servizos da UDC, é necesario facer este cambio nos dispositivos nos que tiña configurado eduroam. A maoría dos dispositivos mostran unha mensaxe emerxente solicitando o novo contrasinal. No caso de que esto non ocorra, é necesario configurar de novo eduroam. Recoméndase previamente, "olvidar" a configuración de eduroam, no apartado de configuración wifi do dispositivo.
|
Outras redes sen fíos disponibles (SSID) udcportalEsta rede permite unha conexión non segura. Só se recomenda usar esta opción para realizar a configuración de eduroam cos asistentes cat.eduroam.org ou ben se o dispositivo non é compatible con ésta. udcportal está disponible para toda a comunidade universitaria. Para acceder a udcportal é necesario abrir un navegador web e conectarse a calquera páxina. Nese momento será redirixido a un formulario de autenticación que solicita as credenciais da Universidade. Redes wifis especiaisudceventosEsta rede wifi está destinada para os usuarios alleos a comunidade universitaria que participen en eventos ou actos que se organizan nas instalacións da Universidade. Estes usuarios, para acceder a esta rede, identifícanse con calquera das contas que dispoñen nos proveedores de identidate máis habituais: Google, Twitter ou LinkedIn O organizador do evento ten que solicitar a activación desta rede wifi mediante o formulario "Solicitude para creación dunha rede wifi específica para un congreso/evento" e indicar o edificio e as datas da súa realización. De xeito predeterminado, a rede wifi udceventos está disponible nos seguintes edificios da Universidade: Reitoría, Aula Nautica, Normal, CITIC, CICA, CITEEC, Edificio de Servizos Centrais de Investigación, Vicerreitoría de Ferrol, Edificio de Apoio ao Estudo, Salón de Actos do Campus de Esteiro e CCUF, polo que non é necesario solicitude para estes casos Instrucións de uso: - Conectarse desde o dispositivo a rede wifi udceventos.
- Desde un navegador web, ir a unha páxina calquiera de Internet. Nese intre prodúcese unha redirección ao portal de autenticación. Neste paso é probable que o navegador mostre unha advertencia indicando que a navegación non é segura. Non caso de que non se omita, o proceso non continuará.
- Seleccionar o proveedor de identidade preferido. Será redirixido ao portal de autenticación do proveedor. Seguir as indicacións.
udcdocencia Esta rede wifi está destinada a casos puntuais de docencia,permitindo a realización de prácticas e laboratorios relacionados coas tecnoloxías da información cando na rede wifi eduroam non é posible. A conexión a esta rede realízase mediante WPA2-PSK. Require solicitude (en construcción). udcIoT
Esta rede wifi está destinada para a conexión permanentes de sensores, automátas e outros dispositivos IoT.
A conexión a esta rede realízase mediante WPA2-PSK e autentación mediante o enderezo MAC dos dispositivo. Require solicitude (en construcción). |
Máis sobre a rede eduroam |
|