Este artigo serve para obter a tarxeta TUI. Co obxectivo de reducir a pegada ecolóxica provocada polo uso excesivo do plástico, a UDC converteu a tarxeta universitaria a un formato dixital dispoñible a través de UDC.gal, a aplicación móbil oficial da Universidade da Coruña. |
Para obtela, debes realizar os seguintes pasos (unha vez creada a túa conta da UDC):
Tarxetas de plásticoUnicamente pode seguir obtendo a tarxeta de plástico o persoal que necesite soporte a tarxeta criptográfica para a sinatura electrónica, controis de acceso baseados en tarxeta de proximidade ou que non dispoña dun teléfono compatible coa nova tarxeta de identificación. O alumnado que se atope nalgunha das anteriores situacións, necesitará autorización do seu responsable para que se lle emita a tarxeta en formato plástico. As tarxetas universitarias de plástico imprímense con cita previa nas dependencias do SIC: Área de Atención a Usuarios e Licenzas - Edificio Servizos Centrais de Investigación- Campus de Elviña - Andar 0 As tarxetas de plástico seguen estando operativas pese a que xa finalizara a data de caducidade, pero recorda que podes empregar a tarxeta virtual dispoñible na aplicación da UDC. |