Unha vez transcorridas, como mínimo, 24 horas dende que realizaches a túa matrícula, xa podes proceder á activación da túa conta da UDC. Esta conta é necesaria para acceder a todos os servizos e funcionalidades que a UDC pon á disposición do seu alumnado. Para facer a activación, accede á seguinte páxina web: https://servizos.udc.es/activacion/activacion-novo-usuario

Na pantalla que se mostra, deberás introducir como código de activación o teu número NIA, que aparece no resgardo da matrícula (se non o atopas, podes solicitalo de novo na secretaría do teu centro).

A continuación, segue os pasos cubrindo a información solicitada e preme en ‘Activarme’. Unha vez finalizado o proceso, obterás o usuario e contrasinal co que poderás acceder a calquera servizo telemático da UDC.
|