De cara ao inicio do próximo curso académico 2025-2026, a Universidade da Coruña procederá á substitución da actual aplicación de acceso remoto VPN (Ivanti Secure) pola solución GlobalProtect do fabricante Palo Alto Networks.
Para facilitar a transición, ambas conexións VPN permanecerán operativas ata o luns 8 de setembro de 2025.
Recomendámoslle que configure a nova aplicación GlobalProtect canto antes. Pode consultar as instrucións detalladas na ficha correspondente do portal axudaTIC:
https://axudatic.udc.gal/display/CSU/VPN.+Palo+Alto+Global+Protect
A partir da data indicada, o acceso VPN mediante a aplicación Ivanti quedará restrinxido exclusivamente, durante un período adicional, ao persoal provedor (externo) da Universidade.