UDC.gal é a aplicación oficial da Universidade da Coruña (UDC), a canle de comunicación e información para a comunidade universitaria que permite obter información de grande interese e utilidade:
Información pública da Universidade: consulta toda a información sobre a UDC
Oferta académica e información para futuros estudantes
Catálogo de investigación
Novas
Redes sociais
Localizacións
Axuda a un só toque
Máis funcións que se irán incorporando aos poucos
Información privada: todos os teus datos personalizados segundo o teu perfil universitario.
Consulta as túas materias e cualificacións (horarios, titorías e máis opcións nun futuro próximo)
Tarxeta universitaria: esquécete do plástico e leva sempre no teu móbil a túa tarxeta universitaria en formato dixital, aproveitándote dos novos servizos que xurdirán con esta.
Recibe avisos automáticos dos teus servizos universitarios e non perdas ningunha notificación importante no teu correo electrónico.
Consulta a ocupación de espazos comúns: así poderás saber se hai sitio antes de chegar.
Calendario universitario: desde a aplicación poderás acceder ao calendario académico e coñecer todos os eventos da universidade.
Ofertas, retos e premios: unha sección diferente, chea de vantaxes e diversión, en que atoparás ofertas e retos especialmente deseñadas para os estudantes e demais membros da UDC. Non os perdas, poderás conseguir estupendos beneficios!
E múltiples funcións que irán xurdindo grazas á nova tecnoloxía da aplicación.
Dispoñible en:
Toda a comunidade universitaria.
Todos os usuarios (parte pública).
Condicións de uso
Os térmos e condicións de uso de esta aplicación atópanse recollidos no seu “Aviso Legal”