A emisión da tarxeta universitaria (TUI) é o proceso mediante o que os membros da comunidade universitaria poden obter a súa tarxeta acreditativa en formato dixital e, en determinados casos, en formato de plástico.

A tarxeta universitaria é a credencial que permite a identificación de todos os membros integrantes da comunidade universitaria, brinda acceso a múltiples servizos tecnolóxicos e constitúe un avanzado sistema de información, xestión, acreditación, empréstito bibliotecario, acceso a recintos...

En caso de extinción ou suspensión da vinculación entre o usuario/a da tarxeta e a UDC, pérdese o dereito ao seu uso.

Co obxectivo de reducir a pegada ecolóxica provocada polo uso excesivo do plástico, a UDC converteu a tarxeta universitaria a un formato dixital dispoñible a través de UDC.gal, a aplicación oficial da Universidade da Coruña.

Unicamente poden seguir obtendo a tarxeta de plástico aqueles usuarios que necesiten soporte a tarxeta criptográfica para a sinatura electrónica, controis de acceso baseados en tarxeta de proximidade ou que non dispoñan dun teléfono compatible coa nova tarxeta de identificación.

PROCEDEMENTO DE EMISIÓN DA TARXETA UNIVERSITARIA (TUI)

Consigue a túa tarxeta


QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO

Estudantes de grao, máster universitario, doutoramento, estudos propios e Universidade Sénior matriculados na UDC que teñan pagada a cota correspondente á tarxeta universitaria para o presente curso académico.

Persoal docente e investigador da UDC.

Persoal de administración e servizos da UDC.

Persoal da UDC contratado con cargo a fondos orzamentarios do Capítulo VI.

CONDICIÓNS DE USO

A tarxeta universitaria é a credencial que permite a identificación de todos os membros integrantes da comunidade universitaria, brinda acceso a múltiples servizos tecnolóxicos e constitúe un avanzado sistema de información, xestión e acreditación.

A tarxeta universitaria é unha tarxeta persoal e intransferible. A persoa titular é responsable dos actos administrativos que fosen validados e autenticados coa tarxeta que o identifica. Se es estudante, para ter dereito a ela é necesario estar matriculado na UDC e pagar a cota anual correspondente.  

En caso de extinción ou suspensión da vinculación entre o usuario/a da tarxeta e a UDC, pérdese o dereito ao seu uso.

QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO

A emisión da tarxeta bibliotecaria para usuarios externos non pertencentes á comunidade universitaria.

A emisión de tarxetas de acceso a actividades deportivas, recintos ou aparcadoiros para usuarios non pertencentes á comunidade universidade.


PROCEDEMENTO DE EMISIÓN DA TARXETA UNIVERSITARIA (TUI)

Consigue a túa tarxeta


Solicitudes


(advertencia) Unicamente pode seguir obtendo a tarxeta de plástico o persoal que necesite soporte a tarxeta criptográfica para a sinatura electrónica, controis de acceso baseados en tarxeta de proximidade ou que non dispoña dun teléfono compatible coa nova tarxeta de identificación. Poderá solicitar cita previa para realizar a emisión a través da seguinte solicitude (é preciso estar autenticado nesta páxina como persoal da UDC).

alumnado que se atope nalgunha das situacións anteriores, necesitará que o seu responsable autorice envíe a solicitude en nome do alumno autorizado para que se lle emita a tarxeta en formato plástico.

Nota: as tarxetas universitarias imprímense só con cita previa nas dependencias do SIC-CSU Atención ao usuario no Edificio dos Servizos Centrais de Investigación (ESCI) no andar 0.



Ligazóns relacionados