Se tes conta de correo electrónico de recuperación

Se tes configurada unha conta de correo electrónico de recuperación, só tes que acceder ao enderezo: https://servizos.udc.es/activacion/recuperar-contrasinal para asignar unha nova contrasinal. Ao facer click nesta opción deberás introducir o teu usuario de servizos (sen @udc.es) e o sistema enviarache un correo a esta conta que teñas de recuperación para poder poñer un contrasinal novo. 

Lembrámosche que en calquera momento podes establecer unha conta de correo electrónico de recuperación por se esqueces o teu contrasinal. Entra no teu perfil de servizos https://servizos.udc.es para establecer esa conta de correo electrónico e así poderemos enviarche unha mensaxe que che permita acceder nestes casos.


Ver máis:


Se non tes conta de correo de recuperación pero si tes certificado dixital da FNMT

Se tes un certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) podes acceder con el á túa conta de servizos no portal  https://servizos.udc.es e configurar unha conta de correo de recuperación dentro do menú "o teu perfil" co que poderás executar xa o punto 1.


Ver máis:


Se non tes correo electrónico de recuperación o tampouco certificado dixital da FNMT

 

ALUMNADO

Debes dirixirte á administración ou secretaria do teu centro ou poñerte en contacto con eles. Aquí poderás consultar todos os datos para contactar.

 

TRABALLADOR/A

  • Paso 1: Deberás contactar co CAU a través do teléfono (981 167000, extensión 2222) ou do correo cau.sic@udc.es
  • Paso 2: O CAU solicitarache que te identifiques, polo que debes ter a mano o teu DNI.
  • Paso 3: O CAU facilitarache un novo contrasinal

 

Toda a comunidade universitaria:

  • Alumnado.
  • Traballadores.
  • Alumni (Ex-Alumnado ou alumnado con vinculación).
  • Ex-traballadores
  • Usuarios externos (Colectivos Passport)


Ter conta de usuario na UDC. 

Se non tes conta de usuario, podes acceder ao proceso de alta: Creación de contas para novos usuarios


Pode revisar as Preguntas Frecuentes antes de poñer unha nova incidencia.

Incidencias

(advertencia) (só para incidencias relativas ao portal https://servizos.udc.es. Para outras incidencias de ferramentas ou aplicacións buscar dentro de AxudaTIC o servizo correspondente no catálogo para dala de alta.)



A continuación informámosche dunha serie de recomendacións de interese que debes atender para asegurar a túa conta de usuario de servizos da UDC:

Configura unha conta de correo alternativa para recibir instrucións por parte da UDC no caso de que, por calquera incidencia, non poidas acceder á conta corporativa. Para facer isto, debes ir a https://servizos.udc.es . No apartado “O teu perfil” debes cubrir o “Correo electrónico de recuperación”:

Ver máis:

Recorda que non se debe utilizar o mesmo contrasinal para distintos servizos.

Lembra que este é o contrasinal que usarás para entrar nos servizos da UDC adheridos os sistema de identidade única, coma a intranet, o correo, a secretaría virtual, etc

Crea un contrasinal seguro. Debe curmprir estes requisitos:

  • Elixe unha combinación de letras, números e símbolos de alomenos dez carácteres de lonxitude. Usa dúas letras como mínimo.

  • Usa un número ou un símbolo como mínimo.

  • Cambia entre maiusculas e minúsculas alomenos unha vez.

  • Non poderás incluír o identificador de usuario, o teu DNI, número de teléfono ou calquera outro dato que sexa facilmente relacionable coa persoa usuaria.

  • Non deberá coincidir cos derradeiros 5 contrasinais.

  • Non empregues un contrasinal similar ao anterior, no que soamente cambien algúns caracteres. Por exemplo: se o teu contrasinal é EJJiiwor-2021, non deberías cambialo por EJJiiwor-2022.

  • Non utilices o mesmo contrasinal que o que empregues noutros servizos (como Gmail, Twitter, Facebook, Instagram, banca electrónica, LinkedIn,...).


    Exemplos de contrasinais seguros son: 1PsdTYv4h0, l1ddRSOCc%

Asegúrate de que as aplicacións que che piden o contrasinal son da UDC e non un sitio falso. Se che piden o contrasinal por teléfono, desconfía. Desde os servicios da UDC nunca se solicitará esta información en ningunha comunicación.

Non fagas clic en enlaces de correos ou adxuntos de destinatarios descoñecidos ou que presenten características que che fagan sospeitar (linguaxe incorrecta, solicitar accións urxentes, ...).

Recomendámosche que vexas este video (4 minutos de duración) cun resume destes e outros consellos importantes. 


a) Se o teu contrasinal foi cambiado polos ciberdelincuentes e NON PODES ACCEDER a servizos.udc.es, segue as indicacións “COMO RECUPERAR OS DATOS DA TÚA CONTA DE SERVIZOS” na páxina: Portal de servizos e recuperación de contrasinal. Logo, continúa co paso 2.

b) Se o seu contrasinal non foi cambiado polos ciberdelincuentes e PODES ACCEDER a servizos.udc.es, · modifica a túa clave de acceso en https://servizos.udc.es, no apartado “Cambio de contrasinal”. Continúa co paso 2.

Revisa a conta de correo alternativa que aparece en https://servizos.udc.es, pois é posible que o ciberdelincuente a cambiara por outra baixo o seu control.

Revisa se hai algún reenvío o regra de correo non desexada. Podes consultar nesta páxina como facelo: Como comprobo se a miña conta de correo ten reenvíos ou regras configuradas.

Analiza cun antivirus os teus dispositivos. Elimina o posible malware que se detecte.

Se utilizabas o mesmo contrasinal para outros servizos, debes cambialo tamén ahí. Recorda que non é recomendable usar o mesmo contrasinal para varios servizos ou aplicacións.