UDC Passport é un aplicativo que permite o acceso a certos servizos da UDC a persoas non membros da comunidade universitaria. Para poder rexistrarse en UDC Passport, é preciso recibir unha invitación dun xestor de perfíl. O rexistro en UDC Passport dará acceso aos servizos da UDC habilitados para o perfil correspondente durante o tempo que estea activo o perfil. Podes consultar se tes algún perfil activo accedendo ao enderezo https://apps.udc.es/UDCpassport co teu usuario de Servizos da UDC.


Para poder rexistrarse en UDC Passport, é preciso recibir unha invitación dalgún dos xestores dos perfís habilitados en UDC Passport:

  1. Recibes un correo coa invitación. A invitación será enviada desde a conta sic-noreply@udc.es.
  2. Revisa os datos persoais que aparecen no correo e preme na opción "Rexistro" (Asegúrate de que o enderezo do rexistro comeza por "https://apps.udc.es/UDCpassport/..." e que o cadeado do navegador está pechado)

  3. Sigue as instrucións para rexistrarte en UDC Passport.

  4. Sigue as instrucións para rexistrarte no portal de Servizos (Nota: se xa fuches membro da UDC e dispós dun usuario no portal de Sevizos, omítese este paso. Se non lembras o teu antigo usuario e/ou contrasinal, visita esta ficha "Portal de servizos e recuperación de contrasinal")

  5. Comproba o rexistro accedendo ao enderezo "https://apps.udc.es/UDCpassport/" co teu usuario de Servizos.


Toda persoa que requira, mediante algún tipo de contrato ou convenio, acceder a algún dos servizos da UDC (controis de acceso, wifi, biblioteca etc.) para o desempeño dalgunha prestación ou estudo ao que non ten acceso por non ser membro da comunidade universitaria ou non pertencer a un colectivo que lle proporcione acceso a ese servizo. Para poder facer uso do servizo, é preciso recibir unha invitación da persoa responsable da xestión do perfil. Estar activo nun perfil proporcionará acceso aos servizos estritamente necesarios para poder desenvolver a prestación ou estudo.

Condicións de uso

Os membros de UDC Passport deberán cumprir coas condicións e políticas de todos os servizos da UDC aos que se lle proporciona acceso a través de UDC Passport. Estas condicións están publicadas no portal "Axuda Tic" .

Tamén deberá cumprir coa "Política de seguridade da información", co "Regulamento de uso das TIC" e coa "Normativa de uso dos recursos TIC" publicados no portal "Seguridade da información".

Que non inclúe este servizo

Acceso a servizos da UDC non xestionados a través de UDC Passport.


Navegadores da internet soportados

  • Microsoft Edge
  • Google Chrome
  • Mozilla Firefox


 UDC Passport está dispoñible en galego, castelán e inglés. O idioma no que visualizará UDC Passport seguirá as preferencias de idioma configuradas na sección "Configuración - Idiomas" do seu navegador.



Incidencias

(advertencia) Se tes algún problema co rexistro en UDC Passport, contacta coa persoa que che enviou a invitación.

(advertencia)  Se tes algún problema co rexistro ou acceso no portal de servizos, visita esta ficha "Portal de servizos e recuperación de contrasinal"



Se tes algún problema co rexistro en UDC Passport, contacta coa persoa que che enviou a invitación.


Se tes algún problema co rexistro ou acceso no portal de servizos, visita esta ficha "Portal de servizos e recuperación de contrasinal"



Se es xestor dun perfil ou precisas dar de alta un usuario externo (só traballadores da UDC), consulta estoutra ficha "UDC passport: xestión".