Blog

O  venres 28 de xaneiro activarase a autenticación con multifactor nas contas do estudantado da UDC. 

A partir dese día, cando se conecten dende un novo dispositivo pedirase, ademais do nome de usuario (correo electrónico) e a contrasinal persoal, un código temporal dun só uso.    

Todo está explicado en:

A partires de hoxe actívarese en todos os dominios da UDC a opción que permite enviar correos cos nosos alias. Deste xeito o usuario poderá enviar correos tanto dente o dominio udc.es como dende o dominio udc.gal.

É dicir, o remite dos correos poderá ter a forma nombre.apellido@udc.es ou a forma nombre.apellido@udc.gal a elección do usuario. Isto pode facerse cambiando a dirección no campo "de/from".

Nas FAQ do servizo de correo hai una entrada que explica como se pode comprobar a dirección coa que se están enviando os correos (acceso ás FAQ).


O novo calendario de implantación é o seguiente:

  • O venres 3 de decembro activáronse todos os usuarios que o solicitaron.
  • Entre o luns 13 eo venres 17 de decembro activarase o dobre factor para todos os usuarios da UDC agás os estudantes.
  • O luns 20 de decembro activaranse os estudantes que o soliciten por adiantado.
  • O martes 28 de xaneiro activarase a todos os estudantes.

Na semana do 13 ao 17 de decembro haberá soporte do CAU ata as 17:00 horas para dar apoio ao persoal en quenda de tarde.




Xa está dispoñible a gravación do webminar sobre a autenticación con multifactor e as diapositivas da presentación.



Para reforzar a seguridade de acceso as aplicacións e servizos da Universidade, vaise cambiar o xeito en que nos conectamos a eles.

Isto supón que ademais do usuario e contrasinal teremos que introducir un número xerado a través dunha aplicación.

Para facilitar a configuración desta nova autenticación, chamada multifactor,  o mércores 1 de decembro ás 11:00, Carlos Escudero, Adxunto ao Reitor para as TIC, impartirá un webminar formativo dirixido a todo o persoal da UDC que se poderá seguir a través desta ligazón: https://bit.ly/3l3HgA4  


O calendario de implantación deste cambio é o seguiente: novo calendario de implantación


udcTV - Webminar sobre a activación da autenticación de dobre factor na UDC

Documentación presentación del MFA. SIC/UDC











O próximo día 2 de decembro, por motivos de seguridade, modificarase a configuración da rede wifi eduroam. Para poder continuar co servizo wifi debe configurar de novo a wifi eduroam nos seus dispositivos. De non facelo así, a partir dese día non terá acceso á wifi eduroam ata que reconfigure os seus dispositivos de novo.

Na páxina https://axudatic.udc.gal/display/SIC/Rede+wifi+eduroam atopará información de cómo realizar este proceso. 

   

Dende os Servizos de Informática e Comunicacións  da Universidade, estamos a xestionar a inclusión da  UDC no  Apple School Manager: https://support.apple.com/es-es/guide/deployment-reference-ios/ior0287df313/web.  
 Isto, ademais de ofrecer unha serie de avantaxes para os usuarios (200 GB en icloud). permitirá dotar de maior seguridade a os dispositivos de Apple dentro da UDC. Debido a que o obxetivo é federar o dominio @udc.es do noso Active Directory, é preciso que os usuarios que xa deran de alta a súa conta de @udc.es o cambien.
Por iso, estamos a lanzar esta campaña para que eses usuarios cambien o seu Appleid, e non perdan nada das súas contas.  Se precisas de máis información de como se realiza esta notificación preme nesta ligazón:  https://support.apple.com/es-es/guide/apple-school-manager/axme685676ac/web 



O próximo xoves 28 está prevista a integración de Xescampus e a Secretaría Virtual co CAS. 

A pantalla de acceso a estas aplicacións será substituída pola de inicio de sesión en “Servizos UDC”.

Os usuarios poderán seguir empregando tanto as  súas credenciais institucionais (usuario e contrasinal) como os certificados dixitais admitidos na UDC.

Aqueles usuarios que no estean rexistrados no sistema unificado de identificación da UDC deberán facelo canto antes, noutro caso non poderán acceder a este servicio.

Dende o martes 19 de outubro de 2021 están operativos dous novos enlaces da rede de datos, cunha velocidade de 100Gbps cada un, entre o Campus de Coruña e o de Ferrol.

Esta mellora implica un aumento na capacidade de conexión do Campus de Ferrol co resto da rede da Universidade, multiplicando por 10 a velocidade dos enlaces enlaces, que pasan de 10Gbps a 100Gps.

Estes novos enlaces están configurados en alta disponibilidade proporcionando unha tolerencia a fallos.


Debido ao alto número de usuarios que recentemente sufriron ataques de phishing (correos maliciosos), como medida de protección para tentar mitigar as consecuencias do roubo de credenciais vaise limitar a recuperación da contrasinal ás redes da UDC.

Este medida aplícase en aras de garantir unha maior seguridade no servizo e, polo tanto, unicamente poderase facer a operación de recuperación da contrasinal dende dispositivos dentro das redes da universidade.

Esta medida implantarase a partires do día 14/10/2021 ás 14:00 horas.

 

Os usuarios que tenten recuperala contrasinal dende fóra da intranet da UDC, verán a seguinte mensaxe:

Vense de unificar a fotografía do perfil do Carmpusvirtual da UDC coa corporativa da TUI. Se precisa cambiar a sua foto, pode facelo a través do servicio habilitado para elo en https://apps.udc.es/TuiUDCFoto/user

Para mais información, pode dirixirse á páxina de axudaTIC https://axudatic.udc.gal/display/SIC/Emision+da+tarxeta+universitaria+TUI


A través do servizo da TUI en AxudaTIC https://axudatic.udc.gal/display/SIC/Emision+da+tarxeta+universitaria+TUI, podemos cambiar a nosa foto de perfil. Ao entrar no servizo debemos ir a " Aplicacións -> Engadir ou actualizar fotografía".

Como se indica na aplicación, existen unha serie de condicións:

  • A fotografía só se pode cambiar unha vez por curso académico.
  • Débese usar Chrome ou Edge para subir a fotografía, outros navegadores poden provocar erros.
  • A fotografía ten que estar en formato . jpg e a súa resolución de encadre mínima é de 500 x 600 píxeles.

Nun futuro próximo esta foto será a que se usará como identificación do usuario en todos os servizos da UDC.

Do mesmo xeito que os dous últimos cursos académicos, están a crearse equipos de Microsoft Teams de todas as materias. O obxectivo é seguir mellorando cada ano a integración destes na docencia, á marxe da situación provocada pola pandemia. Por iso, este curso temos algunhas novidades que resumimos a continuación:

  • Os equipos das materias do primeiro cuadrimestre xa foron creados no seu momento. Rematouse a creación dos mesmos para o segundo cuadrimestre.
  • Para unha mellor identificación, o nome dos equipos será unha combinación dos acrónimos das materias, os códigos oficiais e o curso académico.
  • Os equipos deste curso serán dun tipo deseñado para a docencia (tipo “Clase”). Aínda que funcionan igual aos doutros anos, teñen unhas características e vantaxes entre as que destacamos:
  1. Despois da súa creación o curso só estará visible ao profesorado da materia (propietarios do equipo). Os estudantes (membros do equipo) non verán este ata que non se active por algún membro do profesorado. Achéganse capturas de pantalla do que verá calquera profesor/a para poder activar os equipos das súas materias.
  2. A canle xeral dos equipos incorpora novas pestanas de uso opcional (estatísticas detalladas e un sinxelo LMS integrado con blocks de notas, tarefas e cualificacións). Quen estea interesado en usar estas funcións poderá usar a axuda en liña de axudaTIC e Microsoft, ademais de estar atentos á convocatoria de cursos do CUFIE sobre Microsoft 365.
  3. As novas directivas de gravacións das reunións fixan unha caducidade destas, despois da cal se borran, pasando á papeleira. Independentemente disto, o profesorado poderá mover/copiar o arquivo á localización que desexe para evitar este borrado ou borralo con antelación.
  4. Os equipos dos dous cursos anteriores mantéñense para referencia. En caso de ser unha molestia, pódense ocultar no interface de Microsoft Teams.


Existe unha nova versión da aplicación Portafirmas onde se incorporan importantes novidades para os usuarios.

Podes consultar todas estas melloras de funcionalidades na ficha de AxudaTIC do Portafirmas https://axudatic.udc.gal/display/SIC/Portafirmas-> Pestana "Cambios e actualizacións"


Webminar gratuíto de Microsoft sobre como "Ensinar con Teams ao estudantado" o martes 6 de xullo ás 10:00 horas:


Programa do webminar

1. Demostracións en vivo para unha xestión e administración eficaz da aula en liña:

  • Creación e administración de aulas virtuais/materias.
  • Integración con LMS.
  • Colaboración na aula con Teams (OneNote de Clase, formularios, tarefas).
  • Funcionalidades básicas durante unha clase en liña: roles, gravación, rexistro de asistencia á aula virtual, control de acceso.
  • Presentación e modos de visualización de contido e profesor na aula.
  • Breakout Rooms.

2. Recursos de formación para o profesorado.


Rexistro


Para  rexistrarte no webminar vai a : https://aka.ms/registro_teamsdocencia