A través do servizo da TUI en AxudaTIC https://axudatic.udc.gal/display/SIC/Emision+da+tarxeta+universitaria+TUI, podemos cambiar a nosa foto de perfil. Ao entrar no servizo debemos ir a " Aplicacións -> Engadir ou actualizar fotografía".

Como se indica na aplicación, existen unha serie de condicións:

  • A fotografía só se pode cambiar unha vez por curso académico.
  • Débese usar Chrome ou Edge para subir a fotografía, outros navegadores poden provocar erros.
  • A fotografía ten que estar en formato . jpg e a súa resolución de encadre mínima é de 500 x 600 píxeles.

Nun futuro próximo esta foto será a que se usará como identificación do usuario en todos os servizos da UDC.