Xa está dispoñible, para o persoal con acceso a UXXI-EC, a aplicación web de consulta do IRPF das persoas que traballan na UDC. O enderezo é https://consultairpf.udc.gal e tamén tedes unha ligazón na páxina de Servizos.  

Como consecuencia, nos vindeiros días vai deixar de estar instalada nos equipos VDI a aplicación Consulta IRPF xa que non se adapta aos requirimentos do Esquema Nacional de Seguridade.