As oficinas de rexistro da UDC adaptaron a súa aplicación informática para incluír a partir de agora tamén aos estudantes no proceso de acreditación da identidade para a obtención do certificado dixital. Desde os rexistros poderán consultar a través desta aplicación, os datos básicos dos estudantes e en que curso académico e estudo están matriculados, e poderán rexistrar se se emitiu certificado dixital persoal para esta persoa.