Debido aos mantementos dos centros de transformación, os servizos de rede de datos e telefonía poden verse afectados ante a ausencia de subministración eléctrica.

Enumérase a axenda das tarefas destes mantementos nos edificios onde existen equipos cabeceira de campus para cada unha das redes, e que poderían afectar adicionalmente o resto de edificios do campus:


  • Campus de Esteiro. Afecta a todos os edificios. Luns 29 de Marzo. (Os horarios previstos serán de 9:00 a 13:00).

  • Facultade de ciencias do deporte. INEF. Martes 30 Marzo. (Os horarios previstos serán de 9:00 a 13:00)

  • Reitoría. 31 Marzo, 15:30 horas.