Ao longo da fin de semana do 6 e 7 de febreiro activarase o novo mecanismo de gravacións de Microsoft Teams. Este cambio vén provocado polos continuos cambios de mellora da plataforma e atrasouse a súa posta en marcha para facelo coincidir co comezo do segundo cuadrimestre.

A partir de agora, as gravacións gardaranse, segundo o tipo de reunión, nunha das seguintes localizacións:

  • En reunións de equipos nunha canle: cartafol (denominada gravacións) na sección de arquivos da canle.
  • En reunións de chat:  cartafol (denominada gravacións) no Onedrive da persoa que inicia a gravación.

 

Isto permite que a gravación se trate como un ficheiro máis (de formato vídeo), proporcionando maior flexibilidade á hora de compartir a gravación. Entre outras cousas, pódese compartir con persoas alleas á UDC.

Ademais do cambio do sistema de gravacións, hai outra serie de novidades que están a comezar a chegar aos usuarios ou chegarán nas próximas semanas ou meses (é importante ter actualizada, á última versión, a aplicación de Teams dos nosos equipos) . Os máis destacados son:

  • Control sobre a reactivación do micrófono dos participantes nunha reunión. Isto non anula o mecanismo de pedir a palabra, levantando a man polos participantes que así o requiran. Desta forma, o/os moderadores poden activar o micrófono da persoa á que se lle dá a palabra.
  • Meeting groups. No medio dunha reunión (p.e. unha clase), é posible dividir esta en grupos temporais máis pequenos para, por exemplo, realizar un exercicio independente entre eles. O moderador pódese mover entre grupos e decidir cando se volve á reunión principal.
  • Mellora da listaxe de asistentes (accesible para o organizador da reunión): dispoñibilidade mesmo despois da reunión e información máis completa para mellor control da asistencia. (chega en febreiro).
  • Posibilidade de moderar/ocultar o chat dunha reunión.
  • Inclusión de reaccións dos participantes mediante emoticonos.
  • Posibilidade de transferir chamadas entre o computador e o móbil/tablet.
  • Melloras na aplicación para os computadores Mac (p.e. compartición do audio do computador).
  • Posibilidade de activar a supresión intelixente de ruído de fondo.
  • Aumento nos límites de participantes en Teams. Ata 1.000 persoas nunha reunión (chega en marzo) e, a partir de aí, ata 19.000 persoas máis como oíntes (chega en febreiro).


Máis información sobre as funcións de Teams https://support.microsoft.com/es-es/office/reuniones-y-llamadas-d92432d5-dd0f-4d17-8f69-06096b6b48a8?ui=es-ES&rs=es-ES&ad=ES#ID0EAABAAA=Meetings