COMO RECUPERAR OS DATOS DA TÚA CONTA DE SERVIZOS
Se tes conta de correo electrónico de recuperación
Se tes configurada unha conta de correo electrónico de recuperación, só tes que acceder ao enderezo: https://servizos.udc.es/activacion/recuperar-contrasinal para asignar unha nova contrasinal. Ao facer click nesta opción deberás introducir o teu usuario de servizos (sen @udc.es) e o sistema enviarache un correo a esta conta que teñas de recuperación para poder poñer un contrasinal novo.
Lembrámosche que en calquera momento podes establecer unha conta de correo electrónico de recuperación por se esqueces o teu contrasinal. Entra no teu perfil de servizos https://servizos.udc.es para establecer esa conta de correo electrónico e así poderemos enviarche unha mensaxe que che permita acceder nestes casos.
Ver máis:
Se non tes conta de correo de recuperación pero si tes certificado dixital da FNMT
Se tes un certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) podes acceder con el á túa conta de servizos no portal https://servizos.udc.es e configurar unha conta de correo de recuperación dentro do menú "o teu perfil" co que poderás executar xa o punto 1.
Ver máis:
Se non tes correo electrónico de recuperación o tampouco certificado dixital da FNMT
- Paso 1: Deberás contactar co CAU a través do teléfono (981 176000, extensión 2222) ou do correo cau.sic@udc.es
- Paso 2: O CAU solicitarache que te identifiques, polo que debes ter a mano o teu DNI.
- Paso 3: O CAU facilitarache un novo contrasinal