Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 32 Siguiente »






DESCRICIÓN DO SERVIZO


COMO RECUPERAR OS DATOS DA TÚA CONTA DE SERVIZOS

A través da conta de correo electrónico de recuperación

Se tes configurada unha conta de correo electrónico de recuperación, só tes que acceder ao enderezo: https://servizos.udc.es/activacion/recuperar-contrasinal para asignar unha nova contrasinal. Ao facer click nesta opción deberás introducir o teu usuario de servizos e o sistema enviarache un correo a esta conta que teñas de recuperación para poder poñer un contrasinal novo. 

Lembrámosche que en calquera momento podes establecer unha conta de correo electrónico de recuperación por se esqueces o teu contrasinal. Entra no teu perfil de servizos https://servizos.udc.es para establecer esa conta de correo electrónico e así poderemos enviarche unha mensaxe que che permita acceder nestes casos.

Con certificado dixital da FNMT

Se tes un certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) podes acceder con el á túa conta de servizos no portal  https://servizos.udc.es e configurar unha conta de correo de recuperación dentro do menú "o teu perfil" co que poderás executar xa o punto 1.

Se non tes correo electrónico de recuperación o tampouco certificado dixital da FNMT

  • Paso 1: Deberás contactar co CAU a través do teléfono (981 176000, extensión 2222) ou do correo cau.sic@udc.es.
  • Paso 2: O CAU solicitarache que te identifiques, polo que debes ter a mano o teu DNI.
  • Paso 3: O CAU facilitarache un novo contrasinal



RECOMENDACIÓNS DE INTERESE


 Se cres que o teu contrasinal puido ser coñecido por alguén, recorda estas boas prácticas no manexo da túa conta de servizos da UDC:

  • Elixe un bo contrasinal, con maiúsculas, minúsculas, números e caracteres especiais.
  • Desconfía do contido de correos electrónicos non solicitados, especialmente se o remitente é descoñecido.
  • Non debes facer clic en enlaces ou abrir arquivos adxuntos de correos sospeitosos.
  • Revisa a conta de correo alternativa que aparece en https://servizos.udc.espois é posible que alguén a cambiara por outra baixo o seu control.
  • Revisa se hai algunha redirección, que non puxeras ti, na túa configuración de correo.   
  • Analiza cun antivirus os teus dispositivos. Elimina o posible malware que se detecte.
  • Se utilizabas o mesmo contrasinal para outros servizos, o que non é recomendable, deberás cambialo tamén neses outro sitios.
  • Recomendámosche que vexas este video (4 minutos de duración) cun resume destes e outros consellos importantes.