Non hai para este servizo
COMO RECUPERAR OS DATOS DA TÚA CONTA DE SERVIZOS
A través da conta de correo electrónico de recuperación
Se tes configurada unha conta de correo electrónico de recuperación, só tes que acceder ao enderezo: https://servizos.udc.es/activacion/recuperar-contrasinal para asignar unha nova contrasinal. O facer click nesta opción deberás introducir o teu usuario de servizos e o sistema enviarache un correo a esta conta que teñas de recuperación para poder poñer un contrasinal novo.
Lembramosche que en calquera momento podes establecer unha conta de correo electrónico de recuperación por se esqueces o teu contrasinal. Entra no teu perfil de servizos https://servizos.ud.ces para establecer esa conta de correo electrónico e así poderemos enviarche unha mensaxe que che permita acceder nestes casos.
Con certificado dixital da FNMT
Se tes un certificado dixital da FNMT podes acceder á túa conta de servizos no portal https://servizos.udc.es e configurar unha conta de correo de recuperación dentro do menú "o teu perfil" co que poderás executar o punto 1.
Se non tes correo electrónico de recuperación o tampouco certificado dixital da FNMT
- Paso 1: Deberás contactar co CAU a través do teléfono (981 176000, extensión 2222) ou do correo cau.sic@udc.es.
- Paso 2: O CAU solicitarache que te identifiques, polo que debes ter a mano o teu DNI.
- Paso 3: O CAU facilitarache un novo contrasinal
Recomendación de interese
Se cres que o teu contrasinal puido ser coñecido por alguén, recorda estas boas prácticas no manexo da túa conta de servizos da UDC:
- Elixe un bo contrasinal, con maiúsculas, minúsculas, números e caracteres especiais.
- Desconfía do contido de correos electrónicos non solicitados, especialmente se o remitente é descoñecido.
- Non debes facer clic en enlaces ou abrir arquivos adxuntos de correos sospeitosos.
- Revisa a conta de correo alternativa que aparece en https://servizos.udc.es, pois é posible que alguén a cambiara por outra baixo o seu control.
- Revisa se hai algunha redirección, que non puxeras ti, na túa configuración de correo.
- Analiza cun antivirus os teus dispositivos. Elimina o posible malware que se detecte.
- Se utilizabas o mesmo contrasinal para outros servizos, o que non é recomendable, deberás cambialo tamén neses outro sitios.
- Recomendámosche que vexas este video (4 minutos de duración) cun resume destes e outros consellos importantes.